25 de Xullo fun fun fun... !!! Alegría, alegría, alegría (traducción casi literal)
"Fun, fun, fun till her daddy take the T-Bird away ..." They said.
Eu fun, ti fuches, ela foi... algunha vez ao DC co gallo do 25 de xullo ? Seguramente si ou non. Ollo ! Xa nos anos 80 meu tío decía que non se podía ir polo exceso de xente ! "Eu non volvo". Mimá se volvese hoxe do campoanarko ! ... Mentres, no FB dín que a retransmisión dos fogos do apóstolo d´onte foi a peor da historia. Como se non houbese máis problemas que arranxar... en fin, así andamos, ás minchas.
Anyway, anyhow...
De volta ao T-Bird da imaxe, ben podería estar nunha estrada en Nerga, en Carballiño, en Guitiriz, ou mesmo en O´Val. É unha imaxe polisituacional? A saber que significará iso. Que non se sabe si sube o baixa? Unha imaxe-metáfora galega pero que non nos fai esquecer que hoxe na terra de Breogán estamos de celebración. Celebración variopinta e polisémica, si. Algunhas visitarán ao Apóstolo, outros saudarán ao Zeca máis jazzy ao sur do Río Pecos (antes Minho), outros cumplirán e brindarán co vinho do rosal -con "Fillas" ou sin elas-, ... E así, coma sempre, cadaquen ao seu xeito. Pero o fundamental, lembra, agora xa o sabes, "Fun, fun, fun..." ata que alguén o chafe ..."Créetelo".
A Madriña Bless You All (Hoxe en modo "Nenos da praia de Breogán")
By the way ... Hoxe pensa en "Room to move" AQUI e lembra ao JM (A nosa signora o teña no seu rejaso)