Páginas

miércoles, 27 de septiembre de 2006

In Memoriam dun fusilado

Hoxe, 27 de setembro, cúmplense 31 anos das derradeiras penas de morte executadas en España. Desde 1975, os familiares de Xosé Humberto Baena (Vigo) estan en loita para que se revise o xuicio que o condenou a morte e se demostre públicamente a súa inocencia. "O único que quero é que limpen a memoria do meu irmán --comenta Flor Baena-. Pouco antes de morrer o meu pai dixonos a miña nai e a mín que seguísemos adiante no empeño por recuperar a memoria do meu irmán; fai dous anos morreu a miña nai e eu seguiré adiante". O caso está agora no Tribunal de Dereitos Humáns de Estrasburgo. "Non pedimos diñeiro -continúa Flor-, sino que se demostre a súa inocencia, que a xente non o vexa coma un asesino. Esperamos que o de Estrasburgo salga ben e se demostre que o mataron inxustamente, é o único que queremos".

" ....O meu amigo Peter, Xosé Humberto Baena Alonso, cuxa lembranza me fai tremer de tristura e de ira inconsolábeis trinta anos despois, permanece indestrutíbel na súa imaxe de rapaz garimoso, intelixente e comunicativo, no espazo das aulas e corredores que compartimos no instituto Santa Irene de Vigo, nas rúas vertixinosas de Compostela en estampida de manifestación estudiantil que me xuntou con el en varias ocasións, ou nas cociñas dun cuartel militar de Toledo onde coincidimos por derradeira vez, no inverno de 1972. Juan Paredes Manot, Antonio Otagegui Etxevarría, Xosé Luis Sánchez Bravo Solla, Ramón García Sanz e Xosé Humberto Baena Alonso viven para sempre na luz final daquela alba insomne do 27 de setembro de 1975, que debería constituír un dos motivos centrais da Memoria Histórica, da memoria pública en homenaxe, en posición alerta contra a negación da verdade, contra o fascismo..."

" Memoria Pública de Xose Humberto Baena " Alvarez Cáccamo

1 comentario:

  1. Proposta ( non de lei) Vigueses de honra 2007 : Sánchez Bravo, Humberto Baena e Moncho Reboiras.

    ResponderEliminar

"O falar non ten cancelas" Someone dixit