Páginas

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Longa Noite de Pedra

Si Anxel Fole, Castelao e Celso Emilio (entre outros) voltaran onte do seu exilio definitivo ás 19:30 e aos salóns do NH en Vigo, non poderían menos que sorrir. Escoitando -coma nos- afirmar sin rubor "os escuros tempos que sofren hoxe os escritores en lingua galega ", de seguro arramplarían coas botellas de Ribeiro e pinchos de empanada, e aturuxos por diante marcharían -coma nos tamén-cara "A Esmorga", pensando: Ista noite vai ser longa... e de pedra.
Anécdotas aparte, a noite foi sen dúbida algunha, a do "lobby dos cuñados de Teis", grupo de acción ben coñecido nos círculos literarios da capital de Hispania. Trigo e filla primeiro e Marcos X despois, con verbigracias particulares e ben diferenciadas, fixeron co seu falar, un encontro-piscolabis ameno, que serviu de entrante aos xenerosos agasallos da editorial Edelvives.
Asi, e coas conversas mesturadas desde as próximas colaboracións cinematográficas da Madriña, ata as sutís consideracións do noso doble de Vigo Mortensen sobre as presentacións de discos. Paseniño (sic),... a choiva, a noite e o alcohol fixeron os estragos habituais en noctámbulos de xa catro décadas. O sempre discreto fotógrafo Ppz, inmortalizou o acto deixando cegatos aos contertulios cos seus característicos fogonazo-flash ( Daly non estas alone) que crearon -outra vez- máis dun equívoco ( procurator said " non jodas que é do Faro !").
Atopando na Esmorga o Santo Grial, e seguindo a Estrella ata Cañas e Tapas : Long Life as Longas Noites de Pedra.
PD. Curiosa, la instantánea del BlackPantherTrigo, listo para comenzar el Fabulosus Red Monkey Dance, que sinceramente....dejo a todos "abraiados".Atención al Monkey Suit rojo que llevaba plegado en el bolsillo, y que por razones desconocidas no usó esa noche. Unha magoa, outra vez será.
...
A MADRIÑA bless a los "CUÑAAAOOOS "

2 comentarios:

  1. Negra sombra que me asombras, tornas facéndome mofa.
    Que longas son as noites de pedra.
    Ya lo decía Oroza: "Laxeiro, Lodeiro y para colmo... ¡Colmeiro!

    Firmado: Celso Emilio...¿Ferreiro?

    ResponderEliminar
  2. Ferreiro ? ...sexy-time ? Ppz fotógrafo...todo encaixa, nestes tempos asolagados de tristura e vitrinas asoballadas polo capitalismo atroz !!!!
    Longa Noite de Pedra ? que nos falen a nós

    ResponderEliminar

"O falar non ten cancelas" Someone dixit