Io mi Ricordo... Este 2010 ( o + bestia), fai xa 14 de anos da presentación do poemario de Marcos S. Calveiro. "Incendios Provocados en Vivendas Unifamiliares". Aladino Edicións & RM Produccións, e "Mentxu Cabaleiro" como encadernadora, realizaron a edición " de balde" (je) limitadísima de 30 exemplares - hoxe unha verdadeira xoia de coleccionista-. A presentación fora no "Malasaña", e o evento de "ambiente canallesco" (Oroza dixit), foi amenizado por RemolcaMadriña coa 1ª colaboración de Pablusy & German F. As fotografías en B/N de Sergio Franco falan duns RM pletóricos e dunha festa soberbia onde disfrutamos como ananos. A xeito de BSO da presentación, graváranse as famosas "Mostapes", coa voz ahogada do Buxa Carlos I. e música de vangarda sonora de RM 3.0, hoxe en paradoiro descoñecido e que faría as delicias no noso benquerido " Protexido" ( todos temos un pasado oculto , RM too ).
O tempo é o que che ten, pasou inexorable e colocounos a cada un, no noso sitio ( aínda que moitos non saibámos moi ben cal é -aínda-). Marcos, conseguiu o que entón parecía inalcanzable: publicar; o novo século deunos unha obra moi variada e da súa man chegaron "Festina Lente", " O Carteiro de Bagdad", " Cartas do 3º dia"...etc. Novela histórica, Literatura xuvenil, poemas...premios e máis premios. O recoñecemento, e a verdade, unha grande obra máis a que esta por vir. Entón que nos queda por diçer ?..tan só: Noraboa pois, meu... hai quen pensa que tiñabámos unha débeda pendente de recoñecemento público con él ( que non privado, je) e así a pagamos e queda saldada: MARCOS, A Madriña reads you
...( pero sentimos insistir... para cando a peli de "Festina Lente" ?) je
...( pero sentimos insistir... para cando a peli de "Festina Lente" ?) je
..
Ao gran. Hoxe Martes 27, as 19:30, No Auditorio Russel do Conservatorio Profesional de Vigo , presentación de "Settecento", o último libro de Marcos Calveiro. A orquesta de corda "CMUS Profesional de Vigo", dirixida por Edita Shulman interpretará " Alla Rustica" de Antonio Vivaldi, e contarán coa presencia de Manolo Bragado ( Amigo de A Madriña) e Manuel Candelas. ( que na nosa ignorancia non sabemos quen é).
Ala nos vemos na r/ Fotógrafo Felipe Prósperi na Florida,Vigo.PO
...
A Madriña Bless ao samurua M. & All of you too
Addenda. " Settecento" á venta na libreria oficial de A Madriña: VERSUS. r/ Venezuela. Vigo, PO
Eu teño un deses históricos exemplares...
ResponderEliminare eu teño outro, tan só falta localizar os 28 restantes.
ResponderEliminarPD: Que fale xa a "Pandilla Alternativa" , da que por certo non voltamos a saber máis nada ( como tal) dende a mítica comida de irmanamento coa "Pandilla Madriña" en Prado. Covelo. Ah,...Tempus ..Fugit. (suspiro)