Páginas

martes, 17 de mayo de 2011

Lembrando o "Chichi" nas letras galegas

Gran iniciativa a do recoñecemento de Lois Pereiro no dia das letras Galegas, e moi recomendable o libro de Marcos Calveiro sobre o finado escritor. Un brindis pois, polo tandem "Pereiro-Calveiro" !!! O destiño non fixo porque se coñeceran, pero seguramente cruzáronse nunha escaleira. Subindo ou baixando, non se sabe .



Pero ...nos, e non é por levar a contraria, pero nun dia coma hoxe nos lembramos do "Chichi"... 
Mini Biografía. "Comunista e irreverente, pop e comprometido, xeneroso e sen ataduras, de creatividade desbordada e agudeza implacábel, politicamente disciplinado e vitalmente ácrata, Castelao e Robert Crumb."  El Pais.





O Acto
" Coa asisténcia do conselleiro, inaugúrase no Hostal a exposición antolóxica de Colmeiro, que ven encher un valeiro desde a última de Laxeiro e despois da reivindicación de Cebreiro. Acuden todos, invitados ou achegados aos destinatários da invitación: Piñeiro, Barreiro, Lueiro, Serafin Cordeiro, Peleteiro, Granxeiro, Lois Celeiro e tamén Pexegueiro. O pintor ferrolán Loureiro e máis o vigués Lodeiro, xente de Viveiro e da terra de Leiras Pulpeiro, concellais como Remeseiro, o doutor Cabaleiro Fabeiro e para filmalo todo, Ajexandre Cribeiro. Entre os asistentes, cos vasos mediados de ribeiro, o alcalde Groveiro departe co libreiro Xesús Couceiro. Máis alá Lois Pereiro recítalle o seu último poema a Anxo Teixeiro quen intenta acadar pautas interpretativas entre Cunqueiro e Celso Emílio Ferreiro. Anda, tamén entre canapés, Rodríguez Maneiro, departindo co entrenador Cerqueiro, atento aos movimentos do deputado Liñeiro, quen discute acaloradamente co fotógrafo Xaneiro na preséncia de Carlos Rodeiro, baixo a ollada atenta de Celestino Cacheiro. Circunspecto, nunha esquina, o humorista Pepe Carreiro caricaturiza ao médico ourensán Palleiro. O meu colega Buxeiro, acompañado de Antón Lamigueiro oferécelle un canapé de anchoa a Tantin Mosteiro. Distante eu, pola arrítmia patronímica, apuro o meu ribeiro e voume. Resúltame todo algo trapalleiro e decido pasar o fin de semana no Barqueiro."
Xesus " Chichi" Campos (1952-1991)

Publicado en A Nosa Terra no 1984

A Madriña Bless You All


addenda. " si o galego vai camiño de convertirse nunha lingua "litúrxica"...o Dia das letras galegas será unha festa relixiosa máis e nunca desaparecera neste "laico" pais", Someone dixit. Pois ben mirado, non lle falta razón..don´t you ?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

"O falar non ten cancelas" Someone dixit