Onte non poido ser un día máis triste, no correo matutino Mr. Wolf nos despertaba cunha moi mala nova: " Morreu Isaac Díaz Pardo ". Neste país, que non andamos precisamente sobrados de tipos íntegros e humildes da categoría de Don Isaac, ista e unha das peores formas de empezar o ano. Coincidimos plenamente con Mr Wolf cando di que "o considera xunto a Castelao o gran personaxe do seculo XX". Non hai dúbida. Un home-historia do noso país: loitador, Galeguista, diseñador, editor, pintor, escultor, escritor, memoria, agitador, empresario, artesano y artista; Un verdadeiro afillado da Madriña. O noso Renacentista galego.
Alguen dixo de él : "Músculo e corazón desta nación". Non lle faltaba razón. Ese gran home, que cando xa morrendo, os fillos lle preguntan "Queres ser incinerado ou enterrado? " contesta..." Fácede o que os de a gana". Esa gran persona que nunha homenaxe a el mesmo en Ourense, os porteiros non o deixan entrar...jaja.. e modestamente da a volta para marchar cando os organizadores o atopan xa na rúa para facelo volver. Ese gran tipo que se autodefinía como " Limpiamerdas e templagaitas". Ese enorme ser humano que ante o exceso de visitas no hospital e cando as enfermeiras lle preguntaban que facer con elas..decía "repártelas"...jaja. Ese republicano de corazón que pedía "Pastillas para morrer que as que me dan son para vivir". Ese gran galego que decía " Tócame morrer. Xa están a morrer todos, xa non quedan ninguén". E levaba razón, tocáballe e xa non queda ninguén nin da súa talla nin do seu compromiso cidadán. Definitivamente onte perdimos probablemente a última "memoria" viva galega e un home de ben. Pero ainda asi, Díaz Pardo será eterno através da súa obra e iso que nos deixa moi solos nesta "Galicia Escarallada" -como ben decía-, pero de xa fai tempo.
Din os máis achegados que descubrira o segredo da eterna xuventude, pero levouno consigo non sabemos adonde, pero seguro que cunha grande gargallada.
Unha verdadeira mágoa, boa viaxe mestre, avó, pai, irmán, amigo, compañeiro. Que A Madriña te teña sempre no seu regazo.
Unha verdadeira mágoa, boa viaxe mestre, avó, pai, irmán, amigo, compañeiro. Que A Madriña te teña sempre no seu regazo.
A Madriña Bless a Don Isaac Diaz Pardo
Hoxe decretamos unha semana de loito, A Madriña non esta para festas e abrirá os agasallos dos Magos eses do quinto carallo o próximo Venres 13.
Anyway, Anyhow...Obrigado Mr. Wolf. ( á espera de que a túa próxima visita sexa máis festeira, meu)
Excelente obituario para un gran home. Saúde e República, Isaac!
ResponderEliminarUnha mágoa das de verdade porque hoxe somos todos un pouco máis orfos. Unha aperta Sr. Diaz Pardo..e saúdos aos vellos ( Castelao, Cabanillas, Bóveda, Pedrayo, Risco too, Del Riego, Piñeiro,... e longo etc.)
ResponderEliminarMorreu un "xigante comprimido" que diría Paz Andrade...no MR Wolf ? Gran caracterización..." O noso pequeno gran home"
Gran entrevista, Sencillamente demoledora..." Ista é unha historia moi negra , pero non hai outra"...gran verdade
ResponderEliminarHoxe no "Pais"..." Como anécdota, el encuentro entre Feijóo y Avelino Pousa Antelo, ahora sí, a sus 97 años, último galleguista histórico. "Quién cuidará de mí ahora", lamentó el amigo de Díaz Pardo. "Su mujer", trató de consolarle el presidente. Pousa Antelo tuvo que recordar entonces a su compañera, fallecida hace dos décadas."...
ResponderEliminarSería triste se non fora porque é unha vergonza.
Este accionista de A Madriña bless a D. Isaac ...too
ResponderEliminarA mí porque me da un poco de nosequé dejar nuestro "viguiño", pero viendo lo que veo, escuchando lo que escucho y leyendo lo que leo, no sé si estaríamos mejor en otro sitio (¿en la Miranda de D. Alvaro, quizás?)
BAUR (grupo armado) tiene muchos deberes para este año, objetivos potenciales, pues no sé por dónde empezar: el riquiño, toda la familia real (menos el yernísimo), los gobiernos locales, autonómicos y centrales, la iglesia católica, la tuna, los bancos (de ladrones) y así hasta ......
salud