Pensa o "Comando Lura" que A Madriña non é o que era !!!. Tardar caseque unha semán en publicar a súa clásica crónica do PSPorto ( disculpa mediante de perdida de arquivo) non ten perdón dos deuses. E leva razón o rapaz. E digo rapaz porque é envidiable a enerxía que desprende e animosidade con que toma sempre o festival PSPorto. El dí que é unha maravilla, independentemente xa dos grupos, e nós logo de falar con él e leer a crónica, decimos sempre que o ano que ven imos con él... e xa van un montón de excusas variopintas pero o caso é que ainda non cadrou.
Pero A Madriña pongo por testigo que eiquí rematou un ciclo !!! O ano que ven PSP avec IO !! cajoendiola !!! a espabilar !!!! Que isto xa no é o ensaio xeral !!!. Smile-
Anyway, anyhow... atentos ao que di o "Comado Lura"...
Comenta o "Comando Lura"
Primavera Sound Porto 2015. The people have the power
Actitude
Para ben ou para mal, a actitude do músico é o principal elemento avaliable polo público cando dun evento en directo se trata. Nesta nova edición do sempre recomendable festival Primavera Sound de Porto, este foi o factor que determinou o seu sonado éxito, cando no programa non había cabezas de cartel e figuras superventas que focalizaran a atención e garantizaran "satisfacción" entre os asistentes.
E neste aspecto é obrigado darlle as grazas a Patti Smith. Qué muller! No seu concerto: entrega, compromiso, emoción, rock and roll denomimación de orixe! Executou, excelentemente acompañada da súa elegantísima banda, o mítico disco "Horses" como se o estivera presentando por vez primeira, sentindo cada poema que nos leu, que nos cantou, que nos fixo cantar... "people have the power"; os pelos de punta. Seica din que ten 70 anos. Un día antes, Interpol deu o seu concerto, correcto, pero aínda non lle atopei o valor engadido que se lle supón a velos en directo.
Actitude tampouco lles faltou a The Replacements, aínda que bastante máis punk (din que a idade templa). Ao meu gusto, Ridee The New Pornographers completaron o póker deste ano.
"A Dolphneira" © 2015 |
Interpol: correctos, pero como sen sangue. Curiosas gafas antisuor do baterista.
Yasmine Hamdan: tan doce coma contundente, gustou a súa aposta de música híbrida.
Giant Sand: folk de autor guitarreiro (e sombreireiro), dunha banda ben conxuntada.
Patti Smith: emocionante, intensa, reivindicativa, entregada, como se presentara agora o seu disco "Horses". Banda excelsa (como curiosidade, menos ela, todos tocaron nalgún tema o baixo). Glorioso "Gloria" e "Elegie", tema final do disco, sen batería, adicado a Jimmi Hendrix, con sentidas mencións a tantos compañeiros que xa marcharon. Poucas veces sentín os pelos de punta como neste directo. Fíxonos sentir, como mirándonos aos ollos, que The people have the power, e todos o berramos. Ninguén puxo ao público como ela, en participación e aplausos. Tamén no escenário, cuspe cando lle peta. Altamente recomendable (para os que nacimos na década dos '60, imprescindible).
The Replacements: concertazo punkarra con destroce dunha preciosa Telecaster incluído. Outro exemplo de actitude. Baterista diésel. Pipa en apuros (caéulle a guitarra cando Paul Westerberg lla lanzóu desde máis de 8 metros; o líder colleuna outra vez e cando pensabamos que ía repetir o lanzamento, estampouna directamente contra o chan, escachándoa). Dise que foi o seu último concerto como grupo; polo peido que levaban, pódese crer.
Twerps; chámanlle kiwi-pop, pero só foi son enerxético megaindi australiano.
Spitualized: permanente bucle electrorrelixioso, pero lograo.
Antony and the Jhonson: voz de anxo dun personaxe singular cheo de demos. Magnífica orquestra acompañante, de Porto. Inquietante, desasosegante, desquiciante e macabro video durante todo o seu concerto (Antony, por qué nos fixeches esto?).
The Thurston Moore Band. Jeta monoacórdica.
"Y el Barça qué, otra vez campeón de Europa?". Pois si (segunda Champions do Barça que celebramos nun Primavera Sound: a fórmula seica funciona).
Einstürzende Neubaten. Experimentación máis alá do musical; chámanlle rock industrial. Instrumentacion adicional imposible, como o derramador -dende uns 2,5m- de obxectos metálicos (freepercussion), ou unha especie de tuba estreita e longa á que se lle percutía na súa boca máis pequena. Aposta interesante e francamente difícil.
Death cab for cutie. Mil guitarras diferentes en cancións moi ben presentadas, boa voz (curioso o dos dous micros do cantante, alternando sonoridades de voz distintas, incluso nun mesmo tema), pero algo previsible. Megahipsters de aspecto e actitude.
Ride. Contundente concertazo de rock maduro e experimentado, cun baterista excepcional, sólida base rítmica e guitarras sempre con chicha. Do mellor do festival.
The New Pornographers. Delicioso concerto dos canadianos, perfecto fin de festa do Primavera Sound para nós. Preciosas cancións deliciosamente cantadas pola elegante voz da que non é Neko Case.
En resumo, Porto volveu ser un anfitrión de luxo para unha ristra de concertos moi interesante. Qué ben se come e qué fermosa está (ésta sí) a cidade.
(Agora ven aquilo de “O ano que ven vou seguro”, jeje)
Saúde e r'n'r
Como non podía ser doutro xeito, a crónica do "Comando L" fantástica !!! Aínda que o de Patti non é doado de creer ( ainda a vexo en Castrelos fai pouco ) iso non quita que quede un como sempre, coa pregunta no aire,...porque no fun outra vez iste ano ?!!!! Smile.
Pois o de sempre... Vémonos no PSP 2016... merca xa as entradas IO !!!!
A Madriña Bless IO/ Comando Lura. Porto Cidade e o PSP15´
Fotos dos concertos do grande Neira
ResponderEliminarOk. Tomamos nota do copyright "Adolph" das fotos e pasamos a certificarlo
ResponderEliminarA Madrinha, coma sempre, boa é xenerosa
ResponderEliminarAs fotos son creative commons :-)
ResponderEliminarA verdade e que o sitio é fantástico e os grupos nunca fallan. O cartel deste ano, a priori estupendo nos discos, paréceme que estivo baixo de forza. Como ben dice Ignacio, o R&R e actitude, e faltaba un pocuco diso. Será que son (un pouco) maior, pero boto en falta un pouco mais de "actitude" festivalerira (tamén pode ser que tivera fresco o concerto de ACDC, quen sabe)
Vémonos do 2016!!!!!
OK. Correximos de novo...!!! Obrigado al "Sr. Creative Commons" ( que se parece un huevo a "A Dolphneira" !!! .. Smile !!
ResponderEliminarUrge aclaración de términos !!!... "Actitude" - ACDC ?...
ResponderEliminarOs "ACDC" que vin eu no 2009/ Lisboa, máis que "actitude" tiñan máis ben "pose" e para min que tomaron un pouco o pelo aos que estabamos alí. Eso si, eu "actitude" tampouco tiven moita, o recoñezo. Pero eles... mimá..!! jaja.
Anyway, o ano que ven eu tamén vou a PSP...
envidia sana
ResponderEliminarel año que viene .... ¿igual voy?
ni neko ni dan bejar vinieron con los canadienses, pero sí la calder canta ok
gran crónica, again
salud