Páginas

jueves, 10 de diciembre de 2015

Documento # 2 : "BAUR, realidade ou mito ?"

Requiem # 2 Revisited © 2001
Xa sabemos o que pensas, que o ritmo das reflexións é trepidante. Que creías meu ? que os 30 créditos do master en "Cabodanos" eran pola cara ?... Pois non.
Ao gran. O Documento # 2 toca un dos pilares base da Madriña, a súa Brigada de Acción Urbana, a BAUR . Como definila ? Célula durminte de Acción continua e intermitente ?. Seica. A verdade e que ninguén sabe "que ou quen" é a BAUR. Ninguén sabe como se autoactiva nin como pasa ao modo "duna". É algo que leva a nosa señora directamente da súa man, pero o caso é que as súas inesperadas accións, rara vez deixan a alguen indiferente. 

A Madriña os bendiga por sempre, por levarnos - cando menos - ata a 5ª dimensión (5D).

Eiquí o está : Documento # 2

"BAUR, realidade ou mito? Apuntes históricos da lenda" by  "Comenta o Comando Lura"

Un requiem sentido foi o parto con cesárea desta reivindicativa experiencia colectiva, concreción dos anceios de todos, sistema autónomo de resposta ante os ataques da malamorte, do sinsentido, da vacuidade.
Daquel edificio moribundo naceu un berro novo. Ao pouco, logo, veu do mar a escura invasión do negro fuel, e deu pé ao rexurdir da enerxía creativa da boa xente da costa, a entrega á causa máis nobre e xenerosa, a do espertar da humanidade que, xa esquecida, aínda algúns levamos dentro.
Brigadas presentes nas manifestacións artísticas, refuxio último desa humanidade perdida que se reinventa cada día, esquecida e apartada da nosa respiración diaria. Co seu esforzo achéganola ao lugar onde moramos, que non é o mesmo que o que desexamos morar.
Esa é a verba; ese é o concepto; ahí está o quid: Acción. Da idea ao acto. Da potencia á historia. Do “Qué facer?” ao “Qué carallo fixeron?”. Da morte vital á vida e á loita.
Revisitar, pois, a cidade, o noso contexto, a nosa contorna. Mudar a Realidade Urbana, espertar aos durmintes, ser o pesadelo das castas e o refuxio e trampolín das ideas.
Quén foi, quén estivo tan atento ás insignificancias, tán importantes nas nosas vidas, para darlle nome á lóxica resposta que, inconscientes, todos agardabamos. Un simple berro na duna solidificou os anceios latentes que habitan a casualidade, convertida, sen saber cómo, na causalidade primixenia. Cando aquel/a dixo, vehemente, “Remolca á madriña!!”, seguro, seguro, seguro, non podía imaxinar a que estaba montando.

Así é, sempre, a vida.
Longa vida ás BAUR, longa vida á vida

Asdo. "Comenta o Comando Lura"

Ben. Antes de nada, agradecer ao Comando "Lura" o seu documento inquedante e ao mesmo tempo revelador... como decilo...moi "BAUR", e como toda boa "reflexion" abre máis camiños dos que pecha e deixa más preguntas que respostas.

a) Foi (é) a BAUR a máxima expresión da incomprendida convicción Madriñenta ?
b) Que proporción de Amigos, Accionistas, Afillados etc... son quen de ver as accións da BAUR en 5D ? ou dito doutro xeito máis duro..."fíxose o mel para a boca do pollino" ?
c) Se todos coincidimos en que a BAUR é unha gran idea ... onde está o diñeiro ($) ?

A Madriña Bless a BAUR e a IO / Comando Lura

Addenda. Tema colateral
Da Catalogación dos Amigos/as, Accionistas/os, Afillados/as e Axentes da Madriña ...
1D. Os de "Esquema Unifilar" ( Caseque ningún , por sorte... )
2D. Os de "Visión plana" ( Moi poucos/as ? ...Non sei)
3D. Os que xa distinguen RM de A Madriña Asociados Ltd. ( % descoñecido)
4D. Os que ao "mundo Madriña" son capaces de lle engadir o factor "temporal" ( Só algúns )
5D. Os que ás "4D" sempre lle suman a emoción através de todos os sentidos ( os imprescindibles)

9 comentarios:

  1. Comando Lura (00L), ao servizo da súa maxestuosa Madrinha.
    Con licenza para "rajar".
    Toma!!

    ResponderEliminar
  2. Nossa senhora!
    What is this all about?
    É tudo uma confusão...
    (I'll keep trying anyway)

    ResponderEliminar
  3. ... y eso que soy accionista!

    (aunque no sabría encuadrarme en ningún epígrafe del catálogo, ciertamente)

    Anyway, larga vida para a Madriña!

    A vitória é certa!


    ResponderEliminar
  4. mala leche, despertar, lluvia, tablas, gente, fuego, baur!!!!! again!!!!

    ResponderEliminar
  5. B.A.U.R. ¡Disidentes!!

    ResponderEliminar
  6. BAUR ? Una realidad que "algunos" desconocen ?
    Sin embargo yo lo recuerdo TODO como si fuera hoy ...Cruz Verde, COAG, Mangouras, Principe/Velázquez Moreno, Batea da Medusa, Chavalin en llamas, Cuenca, Guimaraes, La Iguana, Contrabajo, V ASamblea... Ora Pronobis

    ResponderEliminar
  7. Quen fixo ese texto é un xenio polo ritmo interno que ten, pero igual aínda non se decatara. Idea: por que non fan un rap, señores, e escoitámolo o día de autos?

    ResponderEliminar
  8. buena idea y yo hago los coros (si la tos me lo permite)

    ResponderEliminar
  9. Doy fe de que el autor del texto tiene muy claro el sentido del ritmo,
    by the way... e con respecto a lo de los dos coros : Somoene dixit "No nos estaremos viniendo muy arriba ?"...
    ( eso ya se hizo.../ Lo de "venirse muy arriba")
    Por otro lado BAUR-RAP no riman ni pegan ni con cola de contacto. Sorry dears.

    ResponderEliminar

"O falar non ten cancelas" Someone dixit