Páginas

sábado, 30 de septiembre de 2017

"És només pan tumaca però m'agrada"

En plena jornada de reflexión del 1-O (seica más necesaria que nunca ... ) hemos recibido el informe de nuestro agente enviado a Barcelona para tomar el pulso a la ciudad. El encargo de A Madriña era claro : "R&R, Expo´s, Procés, de Comer y de Beber". Y como nuestro agente es un hombre de orden y sabe que el mismo no altera el producto, se ha aplicado bien. Hoy mismo hemos recibido un texto que a modo de envoltorio de un "pan tumaca", apareció en el buzón de La Sede en Vigo, PO. Así nos llegó y así se lo presentamos, "No filter" !!

Sin más, con todos Vds...!!!
Comenta o "Comando Lura" 

"Stones, steladas e ... Bowie"

Regaleille ao meu fillo, polo seu cumpreanos, dúas entradas para ver aos Rolling Stones en Barcelona o 27 de setembro de 2017, feliz día no que cumpríu a mítica idade de 20 anos. E íl agasalloume escolléndome a mín para acompañalo. O amor, amigos, éche así.

Alí fomos os dous en viaxe express, acollidos polo meu moi querido afillado, residente na capital catalana, quen ademais nos recomendou visitar a expo "David Bowie is", dándolle así novamente sentido ao dito de que o amor enxendra maravillas.

Pois ben, en pleno Procés, alleos ao mar de esteladas e a ese ruído machacón que está a facer supurar á España máis casposa e facha, poidemos contemplar e disfrutar, os dous, de dous dos fitos máis emblemáticos do R'N'R (sí, con maiúsculas): David Bowie e Rolling Stones.

A exposición sobre Bowie no Museu del Disseny de Barcelona é unha maravilla que ninguén (fan ou non deste monstruo da innovación e da creación) debería perderse. Técnicamente impecable, amosa e profundiza na vida, contexto e obra do xenial e camaleónico artista, de xeito riguroso e con materiais e documentación orixinais, acompasando o seu percorrido coa banda sonora creada polo protagonista das probablemente maiores e máis fondas transgresións que sufríu a música e a cultura a partir dos vitais anos sesenta. A sala final da exposición é tan impresionante que non dás atopado o momento de marchar. En resumo, sofisticación, complexidade, liberdade, autenticidade, creatividade, ... moita e maiúscula emoción.

Set List Barna © 2017
Aínda coas pupilas e as orellas sobreexcitadas, achegámonos ao Estadio Olímpico "Lluís Company" (sí, aquel President da Generalitat fusilado por Franco unha vez rematada a infausta Guerra Civil, ... qué actual) para disfrutar das súas satánicas maxestades, e abofé que o fixemos. Os Stones son aó rock and roll o que o osíxeno é á vida ... non se entende sen eles. Cun Keith Richards moi menguado, pero cun Mick Jagger inmenso e un Ronnie Woods pletórico (do"vello" Charlie Watts non hai moito que dicir; coma sempre, parece que non está, pero íl só mantén ritmicamente a toda a banda -seica tragou un metrónomo cando era novo-), xunto co resto de músicos contratados (coros, teclados, metais e ese inmenso baixista chamado Darryl Jones), fixéronnos disfrutar como nenos pequenos. Este efecto acrecentouno un escenário engalanado con catro xigantes pantallas de video de calidade incríble, xestionadas por unha creativa realización máis que sobresaínte. Un setlist puramente stoniano -que comeza con Sympathy For The Devil e remata con (I can't get no) Satisfaction-,  fixo honor ao nome da xira: "No Filter". Non había que presentar disco novo; só había que disfrutar, de novo, cunha chea de temas míticos.
Está claro, só é rocanrol, pero gústanos ..., e moito.

E todo esto ao abeiro dun momento histórico para Catalunya e para esta "manta de retallos" que chaman España. A mín o sentimento "patriótico" (sexa cal sexa a patria) resúltame antigo, desfasado e inútil. E, no que está a pasar agora en Catalunya, esa idea abstracta (a patria) semella ter máis protagonismo, en ambos lados, que a xusta reivindicación de máis democracia, que a denuncia do evidente déficit democrático consustancial ao "Réxime do 78" (forzada prórroga do anterior réxime franquista, cousa cada día máis evidente), e mesmo que a permanente e necesaria demanda de maior xustiza social, aínda que todo se nos presente emborronadamente mesturado. De calquera xeito, vendo o que hai, quén non quixera marchar desta España paleta, inculta, rancia, corrupta e reaccionaria? A "rebelión" catalana ten a miña simpatía nunha relación directa á ira que desata na base ideolóxica facha desta sociedade orfa da "memoria da liberdade".


A música e a vida seguen a nos indicar que a única patria do home é a súa infancia. E a felicidade do meu fillo recordoumo.

Molt Mac o Comando Lura !!! Como siempre, situado en el lugar preciso y en el momento oportuno. Y por cierto, si "el envoltorio" estaba bien, imaginaros lo de dentro !!. Dicen que el que se lo zampó, aun está cantando en Churruca "És només pan tumaca, pero m´agrada". Cousas veredes.

A Madriña Bless You All hoxe specially ao Comando Lura e ao seu "pequeno" besbello
Addenda de última hora !!!
Bon Viatge al nostre guerrer que con los "japos" se va de "lecer" !!!
Iremos informando de las aventuras y desventuras de Adolph "El Epicúreo" plus One en Japón. Smile y esté atento a nuestro dial.

4 comentarios:

  1. Gustame o da manta de retallos e plaxio o da única patria do home...
    Quén sabe, igual dentro de 10 anos miña filla quera levarme a Barcelona a ver aos Rolling

    ResponderEliminar
  2. O da "manta de retallos" escoiteillo a unha portuguesa, bébeda e simpática, nun Primavera Sound en Porto.
    Non hai como a distancia para un mellor enfoque ...

    ResponderEliminar
  3. That means Kid, tranqui... Plaxio sobre Plaxio. E quen no ?
    Gran crónica pero más grande aún la envidia !!! Sana, eso si. Smile

    Del Procés. Junqueras (1969), Turrul (1966), Rufián (1982), Romeva (1971), Vila (1973), Marta Rovira (1977), Ana Gabriel (1975), Ada Colau (1974)... & so on !!!! Pero si son unos crios !!! En Moncloa (Palacio de) deben pensar que son chiquilladas e igual se les pasa el berrinche, pero me da que no. Non diu res.

    ResponderEliminar
  4. Satanol(1973) hace uso de su derecho generacional al berrinche :Más ROCK AND ROLL (si,en mayúsculas) y menos banderas,sean del color que sean...Saludos camaradas.

    ResponderEliminar

"O falar non ten cancelas" Someone dixit