Páginas

domingo, 8 de abril de 2018

"Grândola e outros cantos de intervençao"

Grândola é uma vila portuguesa no distrito de Setúbal no Alentejo. No 1964 o Zeca Afonso escreveu a primeira versión da "Vila Morena" impresionado polo ambiente fraterno e solidario da Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. 10 anos despois a Revolución dos Cravos a faría súa e o resto xa é historia.

Este e outros cantos da intervençao funcionaron no país irmao como accións de protesta contra a ditadura portuguesa e axudaron a guiar ao pobo portugués no camiño da liberdade. Máis O Zeca non estaba só e é preciso non esquencer nomes dos compañeiros da viaxe como Sergio Godinho, Francisco Fanhais, Adriano Correia de Oliveira ou Fernando Lopes Graça entre outros.

Como A Sede da Madriña é "unha casa portuguesa" (com certeza!) é o lugar perfecto para falar do asunto do "Canto da Intervençao"Créetelo.
By the way ... e a xeito de celebración das novas incorporacións de "Famiglias" de A Madriña, o "Sector Lusista" desmonta -temporalmente- as barricadas da Sede e abre as portas de par en par. Acción Popular !!!

A Madriña Informa:
"Grândola e outros cantos de intervençao". Fala a Brigadeira "Loli Miloro".*
Dia: Martes.10 Abril / 20:00 ( Apertura de portas 19:30)
Lugar: A Sede (r/ Churruca, 12, ent.) Vigo, PO
3 Créditos Madriña (Valor de cambio: 100 Mortadelos)
Acto aberto e popular. Benvidos á Sede da Madriña.

*Nota. Do extenso curricullum da filóloga e investigadora Loli Miloro non falaremos por non abrumar.  Anyway, anyhow... informamos que o devandito CV estará exposto na vitrina temática na Sede xunto cos comprobantes de matrícula, asistencia, pagos, TFM y otros certificados do seu Master de provincias pero de verdade. 
"A mi non me pillades nin de coña" LM dixit. Smile.


2ª Parte.
O mércores 11 e as 19.30 no Mercado do Calvario, a clase práctica da ponencia "LM".
"Francisco Fanhais" en directo !!! (de balde / Tamén) Obrigado "InfoCachacinço"
(Organiza Asociación de Veciños do Calvario, E.O.Idiomas  e Centro Portugués)

Última HORA !!!
3ª Parte !!! (Daños colaterales / Tema transversal)
O xoves 12 e as 19:00 (Hora Pt) o Siza Vieira conversará co Carles Muro sobre "Spacio, Luce e Arquitectura" no Serralves en Porto, Pt !!! Obrigado "InfoEugene" (+ info premeiqui)


A Madriña vous bénisse tous
Addenda. A proposta de  "O Protexido"  para facer un carneiro ao espeto  mentras Loli fala do "canto" foi desestimada por non ter sido presentada en tempo e forma. Art. 65.3

5 comentarios:

  1. Me apunto a las 3 sesiones del master !!!
    Martes, Miércoles y Jueves !!!
    Pd. Para la sesión del jueves los autobuses salen desde Gondomar. Driver "o Pequeno Siza" (Plazas limitadísimas)

    ResponderEliminar
  2. Siempre aprecié la buena educación de los portugueses.
    PD: non podo baixar, sorry.
    25 de abril, sempre!

    ResponderEliminar
  3. Mágoa não estar no Hemisfério está semana. Stop. Informarei de eventos próximo 25 no mundo preto. Stop. Que venham ventos virar-nos as quilhas. Stop. Cumprimentos saudosos. Stop.

    ResponderEliminar
  4. CONFIRMO MIERCOLES Y JUEVES, Y ES QUE COMO LA CHICA DE LA CANCIÓN DE HAMMILL: ON TUESDAY I USE DO YOGA.
    SALUD

    ResponderEliminar
  5. A Madriña info:
    Asunto: "Grândola e outros cantos de Intervençao" by Loli.cat

    1. Fantástica ponencia recibida con ovación de aplausos sinceros por el selecto grupo de activistas presentes. Desde camaradas de base, novas fichaxes, xuventudes da Madriña (maiores de 18 !!) ata axentes infiltrados, todos/as cun sentir unánime : abraiante.
    Noraboa Loli.cat e ao asistente/presentador Mateo.pt
    1ª conclusión. Queremos máis d´estas (e d´outras)

    2. Silente inauguración da vitrina 25 de Abril que vai collendo forma día a día e dará corpo á máis accións non programadas. Posibles ponentes ? Mateo.pt / Th (Les E) / Alain Tanner / Kaurismakis e outros/as.
    2ª Conclusión. Exprimamos á sede.

    3. A Acción 25 de Abril/ "Grândola flash" vai collendo forma e con toda probabilidade se desenvolverá na rúa do Príncipe (A partires do 25A, rua do Zeca)
    3ª Conclusión. 1/2 pastilla sin lugar a dúbidas.

    A Madriña Bless You All
    Hoxe ás 19:30, Francisco Fanhais no Mercado do Calvario, Vigo, Pt.

    10:22 a. m., abril 11, 2018

    ResponderEliminar

"O falar non ten cancelas" Someone dixit