Páginas

sábado, 16 de febrero de 2019

Loli "B" dixit "Cheese" (2/2)


Brasil é un mundo inabarcable, non hai dúbida e o Comando Luso o sabe ben. É doado perderse nel e seica por iso A Madriña empezou publicando polo "Sur" (da vitrina) e non polo "Norte" como Loli "B" ordenou a súa crónica. Valga como disculpa que caseque é de obligado cumplimento perderse nesta inmensidade !! Smile.
De arriba abaixo e de abaixo a arriba, a grandeza do país fala dunha cultura ancestral e complexa, polo tanto (sorry/ Smile) e Obrigado de novo... eiquí hai material d´abondo para facer unha tése. Sen máis, imos entón, xa co segundo capítulo.

Loli "B" dixit "Cheese" (2/2) / Parte II
4º Andar : Música
A Vitrina comeza con música, porque o Brasil é un continente extraordinariamente musical

¡Como representar a riqueza musical deste continente! 

Foto extraída do libro Música do Brasil de Chris MCGowan e Ricardo Pessanha (Ed. Timelife)
Quen non coñece a Tom Jobim, ese grande compositor, que nos deixou en 1994. Comezou a carreira de Arquitectura que abandonou pola música. Quen non lembra esa maravillosa versión con Elis Regina das Águas de Março ou a Garota de Ipanema…

https://www.youtube.com/watch?v=E1tOV7y94DY

Quen non coñece ese outro arquitecto que se torceu, o grande Chico Buarque de Hollanda, un dos máis impresionantes poetas que deu a música Brasileira. A canción Construção habería que declarala patrimonio cultural inmaterial da humanidade. É o autor tamén da Opera do Malandro, un musical baseado na Ópera dos Mendigos (1728), de John Gay, e na Ópera dos Tres Peniques, de Bertold Brecht e Kurt Weill, estreada en Rio de Janeiro, en 1978. Como non renderse ante a infeliz Lili Braun ou conmoverse ante a miseria humana e o maltrato de Geni e o Zeppelin.

https://www.youtube.com/watch?v=tFMA-j9_3cA&start_radio=1&list=RDtFMA-j9_3cA&t=17

Quen non coñece o famoso disco A Fusa que reuniu a Toquiho, Vinicius, María Creuza…

https://www.abc.es/cultura/musica/abci-toquinho-disco-fusa-vencimos-tiempo-201607051119_noticia.html

Quen non coñece a ese outro carioca ilustre e maldito, Noel Rosa, que arrastrou o samba pola noite e que converteu a Fita Amarela nun monumental epitafio. Na vitrina o CD do sambista Martinho da Vila que lle rendeu unha fermosa homenaxe nun disco, editado por Biscoito Fino. O vídeo que recomendamos é o de Zeca Pagodinho.

https://www.youtube.com/watch?v=JAxCD90--AU

Bicoito fino é o recente selo discográfico doutra das grandes cantoras do Brasil, a irrepetible María Bethania, irmá de Caetano Veloso, que gosta de recitar aos grandes poetas da literatura portuguesa e brasileira que están representados tamén na Vitrina: Carlos Drummond de Andrade, Vinicius de Moraes, Sophia de Mello Breyner, ...

https://www.youtube.com/watch?v=KUTiKPPDld4

E xa cara ao Sur... o Terceiro andar !!!
Photo by "S" © 2019

3º Andar : Música 2
Como non lembrar que en 1987 naceu un programa en Radio 3, Cuando los Elefantes sueñan con la música, dirixido e presentado por Carlos Galilea, que despertou no Comando Luso o vicio e a adicción pola música brasileira: choro, samba, tropicalismo, MPB, Bossa-nova, Maracatú, Manguebeat, Pagode, Axé.... Adicción que apaciguaba Tangará discos, a nosa subministradora de material, que o futuro dixital converteu en https://www.tangara.net/es/. Tanto con Carlos Galilea, como con Tangará discos nos comunicabamos por carta ou por teléfono, naquelas cabinas vintage, hoxe tristemente desaparecidas. Ver carta da vitrina
Os concertos convertéronse en algo posible. A Galicia chegaron moitas figuras relevantes do panorama musical brasileiro, Djavan, Caetano Veloso, Gilberto Gil, Marisa Monte… pero Portugal converteuse no paraíso do “ao vivo”.
No 2000 o Festival La Mar de Música de Cartagena dedicou o mes de xullo a Brasil. Case vinte días acampando e bailando ao ritmo de Daniela Mercury, Lenine, Marlui Miranda, Silvia Torres, Zeca Baleiro, Otto, Arnaldo Antunes y Mundo Livre… Neste Festival coñecimos ao grande literato baiano, João Ubaldo Ribeiro, autor baiano dunha das obras cumbres da literatura dese país, Viva o povo brasileiro. É unha novela épica que percorre catro séculos da historia do Brasil e reconstrúe a identidade do povo brasileiro a través dos moradores e os conquistadores: indios, negros, portugueses, holandeses no recóncavo bahiano cunha prosa barroca cargada de sátira e humor.
Entre os libros sobre a música en Brasil: as autobiografías de dúas figuras cumbres da música popular brasileira: Verdade Tropical de Caetano Veloso e Tropicalismo Tom Zé. Cuenta Tom Zé que este movemento foi vilipendiado e calificado de aberrante. O tropicalismo, movemento contracultural nacido en plena dictadura empregaba unha “linguaxe malandra”, cun transforndo crítico, cunha música que se movía entre a tradición e a experimentación, un movemento transgresor, que se apoiaba na antropofagia modernista o poeta Oswald de Andrade. Tom Zé, foi recuperado nos anos 80 por David Byrne.
“To te explicando pra te confundir/ To te confundindo pra te esclarecer/ To iluminando pra poder cegar/ To ficando cego pra poder guiar”.
https://www.youtube.com/watch?v=OSM8qqTh8o4
Para os interesados no tropicalismo e na antropofagia un artigo publicado en 2011 https://www.clarin.com/escenarios/cultura_brasilena_antropofagia_y_tropicalismo_0_H1YL7nnwQx.html
Qué decir del libro del poeta y ensayista Augusto Campos, de Balance o de la Bossa Nova y Otras bossas, onde combina cancións, artigos e poemas para explicar o fenómeno da Bossa Nova, o Tropicalismo e a MPB como fenómenos musicais.
Para os máis interesados o libro de Nelson Motta, que foi compositor, productor, director artístico e crítico musical recolle en Noites Tropicais a historia da música popular brasileira (MPB) pódese leer en PDF. “SEXO, DROGAS E MPB”
https://institutefortropicalresearch.files.wordpress.com/2014/07/noites_tropicais_nelson_motta_livro_completo.pdf
A Canção no Tempo. 85 anos de músicas brasileiras de Jairo Severiano e Zuza Homem de Mello é tamén unha história da música popular a través das composicións máis destacadas. Este segundo volume analiza o xurdimento da bossa nova, en 1958, o Tropicalismo e outras manifestacións musicais.

E agora si amigos/as... This is The End !

A Madriña Informa:
O Comando Luso enviou a crónica via mail y un telegrama adxunto que recibimos mentres zarpaban no "Lusitania", o vapor que a estas horas os leva cara ao país carioca onde os bamboleos a ritmo de caipirinha nunca terminan ... (o iso din / Smile)

Transcribimos literalmente o suso-dito telegrama:
" O Comando Luso, já é quase luso-brasileiro… felicita as famiglias que tiveron a paciencia de chegar ata o final deste longo texto ... pero a ocasión o merecía. Non Stop "


A Madriña Bless You All


 

2 comentarios:

  1. Creí que las vitrinas deberían ser viso-orales pero me equivoqué, también pueden ser vistas, escritas y oídas.
    Magnífica presentación, Loli Brown.

    ResponderEliminar
  2. Este humilde representante do "Sindicato de cronistas non enciclopédicos da Madriña" saúda ao Comando Luso e dálle os parabéns polo seu traballo e dedicación, sen parangón, e a Loli Brown, un merecido respiro ...
    Ótimo, pà

    ResponderEliminar

"O falar non ten cancelas" Someone dixit