A tournée "Rompente / Algo que levar á boca" chega á cidade. "Rompente is back in town !!!" Someone dixit. Si amigos/as !!! Despois de chequear o verbo-show por "provincias" e aclamados pola crítica e público os Rompente chegan a Vigo, PO. Romón, Reixa e Avendaño xogan en casa (Unha vez máis).
Rompente en "Frutas Madriña", r/ Churruca, Vigo PO |
Os adestramentos ...(chámanse "ensaios" non "adestramentos"). Tanto che ten. Adestramentos, ensaios... O carallo ese de verse, repetir, probar e chequear o verbo-show dín que foi levado acabo nunha frutería dunha céntrica rúa da cidade oliveira. Tamen dín que a elección do lugar non foi casual. Seica Gravinsky foi o primeiro en caer da burra da homenaxe da Madriña ao "noso Potemkim" ? (premeiqui). Non pode ser casualidade. Reixa, Avendaño e Romón son dos que non dan puntada sen fío. Créetelo
Anyway, anyhow...
O caso é que os Rompente estarán mañán Domingo 14_N as 13:00 no MARCO en Vigo, PO (r/ Príncipe). Entrada ata completar aforo e non hai reserva nin invitacións. E alí verémonos. Ou non.Nota curiosa. As malas linguas dín que no Morrazo non sentou nado ben o do horario matutino vermú. "Quen carallo fai lojo a comida" ? Dixeron no Con. Cousas veredes pero o caso e que Avendaño, Romón e Reixa decidiron non facer ningunha declaración oficial pero polo baixo/entresolo escoitouse: "Bueno carallo bueno" !!! Non hai dúbida, estes 3 tipos xa confunden a realidade co seu mundo poético. Bo sinal, van ben encamiñados. Ou non.
A Madriña Bless You All
(Hoxe specially aos Rompente máis rumorosos)
Addenda. Limóns, mazás... "Que linda en la rama la fruta se ve, si lanzo una piedra..."
"Treme Neves, A Madriña xa está eiquí !" Someone dixit. Risas e fundido.
Addenda do dia "N" / 14. en MARCO, Vigo, PO.
"The kids are alright e en plena forma. Revitalizados da xira x provincias chegan á capital sudista cun verbo-show perfectamente medido, con dominio total da situación, emotividade contida, humor e mala hostia a partes iguais e levando a ascua a súa sardiña sen fisuras. Todo un luxo que esta cidade non merece pero nós seguramente si. Obrigado Rompentes, por ter sido, por voltar e por seguir ahí ". A Madriña Bless You all.
O Tridente "Rompente" no MARCO
Gran sesión vermut sin vermut, perdona que te diga......
ResponderEliminarYA... es que el "taxi-suegra es muy esclavo" (Casi tanto como la hostelería) ....
ResponderEliminar