Páginas

martes, 21 de marzo de 2023

La red social (en singular)

"Foi aquel momento. Él trataba de que eu entendera aquela a súa lucidez batida no seu cerebro antes de comunicarma (e reñirme, de paso, a conta dos problemas doutros e da sociedade: un clásico). Eu entresaquei cousas do seu discurso disperso e tolo (xesticulaba enfadado). Débolle haber interiorizado o concepto de transversalidade e da intelixencia colectiva. Tivo claro o que realmente significaba a unidade da esquerda sen sectarismos e tamén a frustración de non avanzar nese camiño. El sentíase como unha peza imprescindible dun imposible... sempre cun nonseique de secretos e clandestinidades xa innecesarias... Seica é tempo de reler os seu papeis, escritos por diante e por detrás, en horizontal, vertical e oblícuo no mesmo folio, subliñado, "negrita", cursiva e en vermello con anotacións no interliñado e nas marxes... todo para comentalo ao día seguinte" Someone dixit

A Madriña Bless You All (Hoxe mirando ao mar entre as tumbas antropomórficas)