A Madriña Informa:
O próximo venres 17 de Xaneiro e ás 19:00 inaugúrase na Sede da Madriña en Vigo, PO a exposición: "Hoxe Libro", unha mostra fotográfica de Amando cun contrapunto analóxico. de Rafael Ojea e comisariada por Manuel M. Romón.
A exposición pódese visitar do 17 ao 23 de xaneiro de 19:00 a 21:30 na Sede da Madriña na r/ Churruca n.12 ent. Vigo, PO.
Anyway, anyhow...
E agora e sen máis dilación escoitemos (leámos) o que Der Liebe Kommissar di ao respecto ...
"Hoxe libro, hoxe folgo, hoxe auséntome.
Arredor desde treis eixes temporais, dalgún xeito relacionados entre si, xira a galería de retratos fotografados por Amando.
Podería dicirse, hiperbólicamente, que o que Amando "retrata" é/son o(s) corpo(s) no tempo de lecer, mo (s) momento(s) do pracer improdutivo, e Rafael Ojea o espazo que fai posible ese(s) momento(s). Son improdutivos, aínda que "sucedan" en tránsito ou mesmo transitoriamente, porque o ocio, que é do que se fala aquí, aquí non forma parte do consumo, os lectores e as lectoras das "capturas" de Amando non son carne de manequín de outro lado de ningún escaparate. O que retrata Amando é o esplendor e adignidade do tempo de vagar, do tempo -direino unha vex máis- improdutivo.
Pero hai algo que os lectores e as lectoras, cos que compartimos, subrepticiamente, a súa intimidade -ese instante no que a ficción suplanta literariamente a realidade-, non saben: son os héores, as protagonistas de tódalas "historias" -tamén das nosas-, nas que decidiron perderse, sen deixar de "dialogar" físicamente cunha contorna que só pode ser comunitaria. Quen le forma parte da comunidade en calidade de ausente, e esa ausencia, ese baleiro, é o que nos mostra, mesmo na súa proposta formal, Rafael Ojea. Porque o "diálogo" que se dá diante do visor, hai que sumarlle o que se dá entre as miradas dos que miran. AS tres proposicións coas que comeza este texto -aínda que unha delas, ambiguamente, poida non selo- debemos telas (creo eu) como un diálogo entre Rafael Ojea, na súa colaboración "contrapuntística", cos seus apuntamentos cas artesanais, e Amando -o verdadeiro demiúrgo desta exposición- , co seu móbil enfocado, nunha visión plena de empatía, no que realmente importa: o goce calmo da vida."
Manuel M. Romón
Comisario da Exposición "Hoxe libro".
A Madriña Bless You All
(Hoxe specially ao "дорогой комиссар" Gravinsky pola súa implicación e compromiso coa Madriña no seu longo camiñar vagando pola duna)