Non sin tempo. Unha nominación que non por esperada, deixa de brindar gran ledicia entre o accionariado do primeiro círculo. Por fin, A Madriña Asociados Ltd. , por unha unanimidade e en voto secreto, decidiu nomear á nosa fiel seguidora "Besbellinha" como Amiga de A Madriña ,despois de 6 meses de continuidade asidua ao noso círculo virtual.
E máis dun o dunha, se preguntará en que consiste o citado nomeamento. É necesario repetir ? Repetimos, pues. ( plomos)Tan só o amigo/a de A Madriña, poderá soñar algun dia con chegar a ser accionista, pero polo de agora no seu largo e sórdido camiño polo deserto, tan só podemos recomendarlle a RM e desexarlle toda clase de venturas. O Corolario, ben podería ser: "Nunca é tarde cando a dicha é A Madriña ". Ou tamben hai quen o dí doutra forma "Tan só o verdadeiro accionista sabe quen non sendo, é merecedor da categoria " amigos de A Madriña ". Tanto che ten.
Para celebralo, esta surrealista jam sessión, entre o pequeno besbello, Jose Feliciano e Cannonball Adderley, que si ben descoñecemos como fixo o guionista para xuntalos na serie "Kung Fu", tomamos nota da liberdade creativa mostrada, para utilizala nos futuros traballos telefílmicos da nosa plataforma.
PD. E agora o práctico. "Beliscos Pequenos" ,serás automaticamente engadida no listado das webs amigas de A Madriña, serás citada sempre en negrita e roxo ( nunca con letra menor de 8 pts e en ningunha tipografía que non sexa Arial) e o mellor de todo, que pronto terás a túa propia serigrafía nº13, e serás a envidia dos teus amigos/as propios e extraños, e un día calqueira te descubrirás pensando, que eras antes de A Madriña ?.
A Madriña said: Welcome to little Besbella
(por certo, kwai chang caine pregunta, que como levas o da pedra ?)