Mostrando entradas con la etiqueta Brigada "Zeca Afonso". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Brigada "Zeca Afonso". Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de abril de 2022

25 de Abril já está eiquí !

A Madriña Informa:

A 1eira convocatoria foi na farola de Urzaiz no Vigo, Pt do 2018, noutro mundo, si. Éxito con precedentes do que alguns/as non daban crédito. "Superáronse as expectativas" Someone Dixit. Seica sí.

A 2ª xuntanza no 2019 xa foi na r/ Príncipe fronte ao MARCO. O noso Cachaçinho coa bandeira na man e o cravo nos beizos fixeron historia de este aglomerado called Vigo, Pt.  Créetelo.

A 3eira, no Abril do 2020 colleunos confinados polo "Cobicho" e a versión telemática (Premeacá) foi xa de 10 !! Rexurdindo das cinzas a prensa deu fe da acción Madriñenta (Premeiqui). Como mellorou o coro a afinación e o sentimento ! Risas e fundido e vermelho e verde. 

O 2021, foi a 4ª, silenciosa e nun ano de reflexión. Coa nostalxia do video do 2020 o día pasou á espera do 2022 que já está eiquí. E dito e feito, os tempos son chegados e o 25 de Avril tamén: Grândola V Edición !!!

By the way...

Convocatoria ABERTA. Povo de Vigo,PT: Únete !

Luns 25 de Abril / 20:00 / Na farola de Urzaiz, ven cantar o Grândola, Vila Morena

A Madriña Bless You All (Hoxe specially ao Zeca e a súa reencarnación Cachaçinha)

Forcadela © photo 2019 / TH (Les E) © Design 2022


Addenda / Con-texto:

"¿Como dicir Revolución, Paz, Fraternidade, no medio de tanto ardor guerreiro?
¿Como amosar aqueles caraveis vermellos nas bocachas das vellas silenciosas espingardas, afeitos agora aos disparos terribles do último modelo de kalasnikov? ¿Como lembrar os tanques ateigados de felices lisboetas,  silenciando os canóns con palabras de irmandade, co estruendo no cerebro das orugas de máquinas infernais esmagando os cráneos?

Hai tanto fragor bélico nas nosas almas, que a firme e comunitaria melodía do Zeca Afonso debe fluirnos dos beizos, este 25 de abril, como un beixo, como un bálsamo colectivo de esperanza.
¡Vén cantar Grândola connosco! 25 de abril ¡Sempre!"

"Silente Fasio" dixit






 

 

Grândola 2ª cantata. Praza da Constitución, Vigo PO /  25. Abril. 2022

+ info Atlántica 1era cantata premeiqui


 




 

"No Comment & Smile. No damos una en la diana ni pa´ Dios" Someone Dixit

domingo, 25 de abril de 2021

Vicus Spacorum, vila morena

 A Madriña Informa:

Hoxe 25 de Avril chove que chove desde a ría de Vigo, PO ata o mar do Morrazo. Mentras as hordas fascistas asedian a capital da península, o noso Grândola "confitado" volve a estar de triste actualidade (Algunha vez deixou de estalo ?)

Un ano despois a situación é mellor pero aínda é temperán para saír a rúa, xuntarnos e cantar que seguimos a ter "En cada esquina um amigo..."

By the way ...

Iste ano voltamos ao noso Grândola 3.0 © 2020 

Dedicado a todos/as vós. Obrigado parçeiros e parçeiras.

A Madriña Bless You All (Hoxe specially ao noso Comando Luso e ao Brigadeiro Cachaçinho)

"Estamos no ano 2021 despois `do Cristo´. Segue a chover e a cousa semella non terminar nunca. Unha cidade poblada por irreductíbeis cidadáns resiste, aínda e como sempre, ao invasor de Ponteareas. A vida non é fácil en Vicus Spacorum e ás veces o que máis ordena o Povo non sempre... pois iso" / Smile. Someone dixit

sábado, 25 de abril de 2020

"Grândola 3.0" from Vigo, PO

A Madriña informa:
Menuda liada me habeis montado !! Mecajonac+++ que os pariu !

Anyway, anyhow...
Certo. Algo sabía de antemán da acción "En cada pantalla un/a amigo/a" (Título provisional) pero ollo !!! O producto final é cousa vosa, a mi non me botédes ás culpas.
Xa xodes maiorciños/as. Smile
"Eu sen voçe non só ninguem e sen os meus actores e as miñas actrices, pois iso....ninguem " Someone dixit 


Addenda.
Compártelo e adícallo a quen ti queiras; nós o adicamos a Fernando Simón (puto crack !)


Grândola 3.0 adicado a Fernando Simón. "The Fucking Crack"

By the way...
Á espera do informe pausado e definitivo da nosa signora, non o esquezas nunca...
"O povo é o que máis ordena " o Zeca dixit (Con máis razón cun santo !)

A Madriña Bless You All 
(Hoxe a todos/as os/as Grândoleiros/as 3.0 estean no vidéo ou non)
PD. Por certo...que guapiños/as todos/as e que ben cantades carallo !!! jajajaja

miércoles, 24 de abril de 2019

Grândola 2.0 / Xoves 25 de Abril !

A Madriña Informa:

Mañán 25 de Abril e ás 20:00, fronte ao MARCO : Grândola 2.0 !!!
Si "Tovarichs" ! A convocatoria popular do canto do Zeca Afonso por segunda vez na nosa cidade inclinada, called Vigo, Pt

A chamada ten o mesmo sustrato e fundamentos que ano pasado: Tempos críticos ! 
Os valores de fraternidade, igualdade e liberdade siguen ameazados polo que urxe a 
consigna: O pobo é quen máis ordena, ¡Xunta a túa voz! 

Si vous plait : Non pancartas, non bandeiras ...só o voso cantar (plus caravel vermello ?)


Grândola 1.0 ® 2018 en Vigo , Pt 
A convocatoria do ano pasado na "farola" foi un éxito. Como sen vir a conto, a xente xuntouse e como quen no quere a cousa xurdiu o cántico. Ao Zeca houbera lle gustado. Créetelo.

Anyway, Anyhow ...
A Madriña unirá a súa voz como unha máis e convida ás súas bases, famiglias, asociados/as e chusma en xeral para que acudades á chamada da Vila Morena. Vémonos fronte ao MARCO. 

A Madriña Bless You All (Hoxe en modo "25 de Abril")

"Grândola,Vigo, PO" © Forcadela 2019
25 de Abril 2019
Día histórico en Vigo, PO
Ás 20:00, na rúa menos republicana da cidade, cautivos e desarmados os deuses do olivo, calaron por un momento da súa letanía chuviosa ante o cántico emocionado dun puñado de homes e mulleres  entorno a unha soa idea: fraternidade, igualdade e liberdade. 
A Madriña Bless You All



Obrigado amovida.gal que mirouno asi (premeiqui)

Ayway, anyhow...
Seica é tempo de lembrar a Fausto40 anos despois e aínda de rabiosa actualidade !!
"E como pode outro alguém, tendo interesses tão diferentes, governar trabalhadores
Se aquele que vive bem, vivendo dos seus serventes, tem diferentes valores
Não nos venham com cantigas, não cantamos para esquecer, nós cantamos para lembrar
Que só muda esta vida, quando tiver o poder o que vive a trabalhar
Segura bem o teu par, que o baile vai terminar."

"Dia G" © TH (Les E) 2019




martes, 22 de mayo de 2018

"Dans la vitrina", Vigo Pt

Serigrafia de "Dans" (La Ville)
Cuenta la leyenda que Maria Antonia "Dans" (la pintora) era muy fan de Alain Tanner. Decía que había algo en la filmografía del "pollo" (suizo) que le recordaba poderosamente a su Oza de los Ríos natal. Si a ello le añadimos su querencia por el país hermano y la ciudad blanca, todo encaja. Don´t you ?
A que suena raro ? Pues si, rarísimo. Claro, si fuera cierto seguramente sonaría mejor. Smile.


Anyway , anyhow ...

"Metametametáfora", Vigo,Pt
Asi como quien no quiere la cosa el mes de Abril 18´ Vigo, Pt se nos ha ido de las manos con un sabor a Grândola (Vila Morena) muy gustoso. La vitrina temática en La Sede ha pasado con más pena que gloria pero que le vamos a hacer, nunca llueve a gusto de todos. 
Y hablando de lluvia y aprovechando que ya se ha ido, mañana Miércoles 23 Maio al hilo del 2º Aniversario en La Sede y a modo de clausura de la Vitrina, Pt. habrá  Acto institucional de acceso libre y entrada gratuita (as usual). No se lo pierda Vd. ! Recomendado por Tubitek.

 
Al grano... 
Miércoles 23 a las 21:00 (20:00 hora Pt)
"Dans la ville blanche." Alain Tanner
La Suisse /Pt/ Gb 1983. 92´. V.O. (subt. Pt) 
Bruno Ganz, Teresa Madruga .... y otros.
Hora. 21:00 / La Sede 
c/ Churruca nº 12. Ent. Vigo, PO
(Apertura de puertas a partir de las 20:30)


Solicitud y confirmación de asistencia 
en blog o amadrinha.asociados@gmail.com

A Madriña Bless You All 
"Para los/as que no pueden venir ... mira, Mejor ! verla en casa " Someone dixit

jueves, 26 de abril de 2018

En Vigo, Pt "tamén bate un coraçao" !!

A primeira na fronte: Éxito Total (con precedentes) o da non-convocatoria "Canta Grândola" de onte no Vigo, Pt !!!! Non hai lugar a dúbidas !!! Boa idea, mellor final.

Ao gran...
Como quen non quere a cousa, ás 20:15 o´clock a xente foise reunindo na farola de Urzaiz á espera do "ton" de saída. Grandes cartazes co texto falaban co silencio dos non-convocantes. Emoción ? Pois seguramente si.
Ao tratarse dun "non-suxeito" convocante todos éramos autores e receptores da non-convocatoria. Novidade ? Seica. Funcionou ? Coma un reloxo !
Aínda que é certo que isto conformou unha dúbida previa e razoable sobre a resposta á chamada colectiva, tamén é certo que a dúbida foi resolta ao instante ao comprobar o gran número de asistentes activos. Todos os presentes sabían de que se estaba a falar/cantar e respetuosos/as coas mínimas consignas do evento, asi foi: Non pancartas, non bandeiras, tan só Grândola, Vila Morena. Como si dun sonho madriñento se tratara, o obxectivo fíxose realidade e todos/as cantamos. Cada un/ha contextualizou o asunto como quixo e cada un/ha "interpretou" como puido. Acción colectiva desde o individual. 10/10. Todo moi "Grândola", todo moi Vigo, Pt.

Vigo, Pt "Canta Grândola" o  25 de Abril na farola de Urzaiz
O desenvolvemento d´esta curiosa "non-convocatoria" coa respectiva "non-comunicación" á administración "incompetente"  foi como se pensaba, imprevisiblemente organizado. Na farola, Grândola "entonouse" 3 veces "Desde o Fa ata o Re !!! " Someone Dixit. E como Fuenteovejuna decidiu que aquelo fora só un ensaio (a previa), marchouse  cara á Praza da Constitución para facer a versión definitiva no "ton" preciso e co paso alentexano coordinado á perfección. Grândola "Revisited" ! Para ser improvisado non puido saír mellor.

Anyway, Anyhow...
Que foi unha tarde histórica non hai dúbida pero... ese "Nós" descoñecido e convocante quere máis. Home nón !!! Smile.
A moi comentada ausencia da renovación xeracional non foi un problema menor. É de feito seguramente "o problema" o polo menos "un dos problemas". É urxente a movilización multixeracional. E urxente quere decir...URXENTE.
Detodolosxeitos... Que "Grândola" no sexa "interpretada" dun xeito transversal e multixeracional é comprensible pero non ten porque ser necesariamente así. Seica agora sería preciso voltar a leer o "non-comunicado" e ver que o "tema" da para moito máis porque lendo entre liñas é de total actualidade. Don´t you ? 
By the way... démoslle unha volta e sigamos a pensar "críticamente" en todo isto. A cidade é nosa, ben o merece e aínda ten solución. Non o esquezas e Créetelo !

"Tócache levar o cartaz e tes que cantar "Cara al Sol" / A cousa ten Sib / Smile

A Madriña Bless You All porque en Vigo Pt..."Tamén bate un coraçao"

Addenda: O "Non-comunicado"
"Son tempos críticos nos que é importante afirmármonos en común nos valores democráticos da fraternidade, a igualdade e a liberdade.
A canción Grândola e a Revolução dos Cravos, máis aló dos feitos concretos no Portugal de 1974, converteuse nun símbolo universal de defensa e reivindicación daqueles valores.
Un fato de persoas, integradas en coros unhas, outras só co desexo de expresarse en liberdade cantando, reunirémonos o 25 de abril e as 20:15 na contorna da Farola de Urzáiz en Vigo para cantar todas xuntas ao aire da rúa, a inmortal cantiga do Zeca Afonso Grândola vila morena.
Esta é unha invitación para que vos xuntedes connosco nese día, nesa hora, nese lugar, para unir a túa voz á nosa e deixar no vento notas de afirmación democrática e de liberdade.
Non haberá instrumentos musicais, nin pancartas nin bandeiras, só o voso cantar e, se vos apetece, un caravel vermello.
O pobo é quen máis ordena. ¡Xunta a túa á nosa voz! "

miércoles, 25 de abril de 2018

"Grândola Revisited" en Vigo, Pt

Conta a lenda, que Grândola foi presentada por José Afonso alá polo ano 1972 e no Burgo das Nacións no DC. Mimá !!! non choveu nin nada. 

Cartaz revisited #2
Hoxe, e máis de 45 anos despois, volta a ser un himno de rabiosa actualidade polo que algúns e algunhas personas pensaron que non era mala idea darlle unha "revisited" a cantiga. A cousa foi "in crescendo" e Hoxe Mércores é o día. Créetelo.

Anyway, anyhow ...
O Pobo "é o quen máis ordena" e convoca:
Hoxe 25 Abril ás 20:15 / Vigo, Pt Canta Grândola na farola de Urzaiz.
See you everybody there. 


Someone dixit "Após a revoluçao, diversión"
Contrasinal : El "Águila" bebe "Sifón" en la "Cantina"
Pza de Agustín Pérez Bellas (Antes COAG)

By the way ... 
Como estades un tanto oxidados e xa perdíchedes o costume de falar (e ler) en clave (de Re), agora toca reciclarse porque os tempos vellos "son chegados" e están eiquí de novo !! Sen que sirva de precedente, hoxe aclararemos a contrasinal. A Madriña non críptica.
That means: Dopo cantiga, "Caña" popular na praza do COAG (agora e sentimentalmente Pza. Agustín Pérez Bellas). See you there no entorno do águila/Sifón/Cantina (antes basket). Ti elixes onde consumir.
Addenda. De quen foi o Agustín Pérez Bellas falaremos outro día. Smile

A Madriña Bless You All (Hoxe en Modo "Vigo, Pt")

sábado, 21 de abril de 2018

Vigo (Pt) "Vila Morena" !!!


Xa fai máis de 20 días que na Sede de A Madriña hai un "noseque" moi portugués. Si. 
É dificil de definir pero semella unha mistura entre olor a grelha e frango, músicas do Alentejo, arquitecturas do SAAL, vinho verde, ritmos africanos e Revoluçao. Penso que o feito de que a Vitrina "25 de Abril" tomara A Sede ao asalto terá algo que ver. Digo eu... non si ?

Anyway, anyhow...
Hoxe pola mañán recibimos unha mensaxe "relacionada" e cautivadora en forma texto con imaxe adxunta na que se nos convoca a cantar na rúa !!! A cousa tenche moi boa pinta. Muito Portugal neste Abril do 2018 !!!
O texto di así...

"Son tempos críticos nos que é importante afirmármonos en común nos valores democráticos da fraternidade, a igualdade e a liberdade.
A canción Grândola e a Revolução dos Cravos, máis aló dos feitos concretos no Portugal de 1974, converteuse nun símbolo universal de defensa e reivindicación daqueles valores.
Un fato de persoas, integradas en coros unhas, outras só co desexo de expresarse en liberdade cantando, reunirémonos o 25 de abril e as 20:15 na contorna da Farola de Urzáiz en Vigo para cantar todas xuntas ao aire da rúa, a inmortal cantiga do Zeca Afonso Grândola vila morena.
Esta é unha invitación para que vos xuntedes connosco nese día, nesa hora, nese lugar, para unir a túa voz á nosa e deixar no vento notas de afirmación democrática e de liberdade.
Non haberá instrumentos musicais, nin pancartas nin bandeiras, só o voso cantar e, se vos apetece, un caravel vermello.
O pobo é quen máis ordena. ¡Xunta a túa á nosa voz! "


Non sei, pero si non entendín mal... convídannos a cantar ? Saberá esta xentiña en que lío están a meterse ao convidarnos ? / Smile

By the way ...
Someone Dixit : "25 de Abril / 20:15 / Farola de Urzaiz / Vigo, PO / Grândola Vila Morena"
"It´s so easy" que no fallará ninguén. Digo eu ... Non si ?

A Madriña Bless You All / Mércores 25, Vigo, Pt en modo "Vila Morena" !!! 

Addenda. Para quentar motores, o Martes 24 e as 19:30 na Escola Oficial de Idiomas en Vigo, Pt, o Capitao de Abril  "José Vieira" falará da "Historia viva de Abril". See you there !!!

miércoles, 18 de abril de 2018

"A vitória é certa" e "A vida vai melhorar"


Onte na terça, O Chefe Buraka marchou de volta cara a Luanda, Angola. Desta vez, a viaxe do noso camarada exiliado foi coma un lóstrego e non quixemos distraelo. Primeiro "A Familia" e logo "As Famiglias". Non hai dúbida. 

Anyway, Anyhow... e coa disculpa e co seu beneplácito, aproveitaremos para retomar a parte que ficou pendente dende o día da súa fantástica disertación. Sí !!! A película !!! 

Lembramos o tema: 
"A vitóría é certa" / Portugal, as colonias de ultramar e outros detonantes da Revoluçao dos cravos.

Para contextualizar de forma indirecta (a lección tes que traela aprendida de casa) plantexamos dúas filmes muito interesantes, unha sobre Angola e outra sobre Moçambique. Insistimos, ambas con visións colaterais da Revoluçao, de lectura sosegadamente Madriñenta e muito recomendables. Créetelo.

Ao gran... 
Por unha banda no Moçambique "Tabú" (2012) de Miguel Gomes (premeiqui) e doutro lado en Angola, "Cartas da Guerra" (2016) de Ivo Ferreira (premeacá).

Como o teu tempo é ouro e o noso aínda máis co teu, das dúas películas tan só proxectaremos unha na Sede de A Madriña. Tí xa sabes cal. A outra, non protestes, son deberes para facer na casa entre libro e libro. Smile.

By the way...
Xoves 19 Abril as 21:00  
"Cartas da Guerra" Ivo Ferreira / (110´) / v.o. Portugués/ Subtítulos Portugués
Lugar: A Sede de A Madriña. r/ Churruca nº 12 entresolo. Vigo, PO
Apertura de portas. 20:30
Proxección Popular / Portas Abertas 
É convinte confirmar asistencia via blog ou no mail amadrinha.asociados@gmail.com

Nota. Ollo !! Tranquis ! As "Cartas da Guerra" hainas tamén en libro by Lobo Antunes !!! 
Á venta: VersusVigo, PO. (En Serie, aínda non. Sorry / Smile)

A Madriña Bless You All (Hoxe specially ao Chefe Buraka)
Aviso: Ide afinando meus !!! que o 25-A xa esta ahí !!! e xa o di o Martinho Da Vila
"Canta, canta minha gente / deixa a tristeza pra lá
canta forte, canta alto / que a vida vai melhorar" 
pois iso... que  "A vitória é certa" e " A vida vai melhorar". 
Créetelo.

martes, 17 de abril de 2018

"She Had a Dream"

A Madriña tuvo un sueño. 
Un sueño extraño pero de tan extraño casi real. "Cosas de A Madriña y cosas de los sueños" Someone Dixit
El asunto era así. Una calle vacía, extrañamente vacía. Podría ser una calle cualquiera y en una ciudad cualquiera. Era Vigo, PO ? Seica.

A Madriña "remolcando" / una más
Por alguna extraña razón, A Madriña y todo el mundo sabía que no era un día festivo aunque si de fiesta. De repente y como a lo lejos se empezaron a oír pasos. Pasos de multitudes que iban creciendo a cada momento. El sonido no era inquietante, era ...como decirlo, fraternal ? Desde las calles adyacentes empezaba a confluir un mar de gente infinito (o infinita ?). Era como un desfile pero no marcial, un desfile popular. Todo el gentío se acercaba como una sola persona, como si fuera una convocatoria no escrita. La sensación ? En cada esquina un/a amigo/a.  Créetelo.
No había banderas ni pancartas y lo curioso, no  siendo una "manifestación", la gente que estaba allí se "manifestaba". Se manifestaba en su sentir individual, no único ni unitario pero si colectivo. Todo extraño, insisto, y a la vez muy familiar. 
Llegado un momento todos los grupos confluyeron en lugar como pactado y se hizo el silencio. En un extremo, una voz entonó un cántico y la masa lo completó al unísono. Si no fuera porque la memoria es frágil y los sueños irreales, juraría que la canción era "Grândola, Vila Morena" y la calle la r/ Zeca Afonso (antes r/ Príncipe). Pero la verdad, no lo creo, eso ya sería para nota. Y entonces, A Madriña despertó de su sueño profundo como quien despierta de una anestesia, con una sonrisa plácida. Todo había salido bien y ella feliz. 

"Ten cuidado con lo que deseas porque se puede convertir en realidad" 
Someone called Oscar Dixit

A Madriña Bless You All ( "O Povo é o que máis ordena" Non o esquezas)

miércoles, 4 de abril de 2018

Vitrina "Abril 74": Inauguración online

Hoy 4 de Abril y en La Sede de A Madriña Asociados, la vitrina "Abril 74" se ha emancipado como un ente autónomo y fuera de control de "Las Famiglias". Cansada ya de los discursos vacuos, aburrida de las injustificables faltas de respeto y necesitada de momentos íntimos de reflexión para "os tempos que hão-de vir", nos ha dado el esquinazo y nos comunica su autoinauguración virtual con el siguiente comunicado.

© Brigadeiro Roje@
A Vitrina Madriña Abril 74 informa desde La Sede:
"Con motivo da situación actual de pobreza e miseria intelectual na cidade Vigo, PO e coa tradicional envexa sana que temos do país irmao Portu-Gal, A Vitrina Madriña Abril 74 comunica que os tempos son chegados: É preciso ser absolutamente portugués !!!
Damos por inaugurada a vitrina Abril 74 !! A Sede esta tomada.
A acción vai máis aló da vitrina temática e as barricadas que agora impiden o acceso á Sede. O goberno provisional da "Vitrina Abril 74" informará ao seu debido tempo das accións de contextualización que se levarán a cabo ao longo do mes dos cravos vermellos. Desde xantar popular ata cinemateca lusa pasando por comunicaçoes sobre o proceso SAAL e o Canto de Intervençao son muitas as propostas de alto interese para a comunidade Madriñenta movilizada. 
Dito isto, as prazas son muito limitadas e a entrada aos diversos actos será "exclusiva" aos activistas que teñen de participar no goberno provisional. As peticións externas e debidamente razoadas serán estudadas por estricto orden de entrada não garantindo a resposta positiva das mesmas. 
Por último,  A Vitrina Abril 74 quere agradecer aos camaradas que através dos seus items persoais e de incalculable valor colaboraron na okupación da Vitrina Sede en especial a Ppz, Fasio, Eugene, Comando Lura, TH (Les E) , TS, Brigada "L & M", Tovarich Gravinsky, Triunvirato Metal e Amandipatas. Obrigado a todos."

Manolo Alcalá (1934-1991)
Anyway, anywhow ... 
Como colofón de esta inauguración y okupación online, A Madriña proyecta a continuación el documental  "Portugal, así fue el golpe de estado" retransmitido en 1974 por la TVE del "régimen". Al frente de esta joya histórica, el entrañable Manolo Alcalá (1934-1991) como periodista intrépido en el meollo del asunto y retransmitiendo en directísimo la más que inquietante situación para el "Caudillo" garbancero  aquel. Recomendamos intensivamente el visionado del documental esperando que encuentre Vd. un hueco en su tan apretada agenda y le pueda dedicar 77´ minutos de su fascinante vida mientras descansa entre serie y serie (que dicho sea de paso no le valen a Vd. nada más que para mirar para otro lado. Creáselo). 

Apaguen as luzes (si vous plait):



A Madriña Bless You All 
(Hoxe all naked but dress Red & Green)

Addenda.
O Governo provisional Vitrina Abril 74 solidarízase cos actos 25 de Abril no Calvario (Lavadores).
O Programa de actividades é moi completo e recomendable polo que intentaremos o irmanamento.
Exposicións, concertos, teatro e conferencias no mercado do Calvario e na E.O.I. todo elo na "pequena Rusia".
Obrigado pois a associação José Afonso, o Centro portugués, Asociación de veciños do Calvario, Mercado do Calvario e E.O.I. Vigo, PO.

Someone dixit "De seguir así las cosas no sería conveniente emigrar a Lavadores ? "



martes, 13 de febrero de 2018

Brigada "Zeca Afonso" sold out !!!

A Madriña Informa: La "Brigada Zeca Afonso" se reunió ayer en La Sede de A Madriña
(Si, esa Brigada a la que no sabías que pertenecías hasta que te llegó la convocatoria).

Al grano...
Momento histórico y 3 éxitos consecutivos en 60´. Que decir ? "Un sueño una vez más".

Por primera vez se produjo un sold out en La Sede !!! Gente de pie y todo !!! No digas, eso en sí ya fue el 1er éxito.
La representación humana fue más intergeneracional que nunca con "una horquilla" de 3 decadas !!! Uhmm, interesante. "Ingrés" virtual e "Ingrés" en papel. La verdad, no nos entendimos a la perfección pero si lo suficiente como para que los astros puedan alinearse y "seica" la idea pueda fluir. No se puede pedir más, sin lugar a dudas 2º éxito.
Y "last but not least", después de 60´ de reloj se levantó la sesión y no llegamos a ninguna conclusión porque se plantearon más dudas que certezas !!!!! Ese es nuestro estilo !!! 3er éxito !!!!! Se puede pedir más ?
Pues si. Y además habrá más. Créetelo. 

Anyway, anyhow... vete ensayando en la ducha ("el pasito" también) y apuntando en la agenda (virtual o la otra) : 25 de Abril. Miércoles. Plaza de Portugal. Vigo, PO.

A Madriña Bless You All & Loves Grândolaaaaa, Vila Moreeena. Terra daaa...
Addenda. 9 de cada 10 dentistas recomiendan cantar "Grândola" una vez al año (por lo menos). Cuida tu higiene intelectual.

sábado, 10 de febrero de 2018

Mozambique, O paraíso "redécouvert"

La Astral Week concluyó de forma inmejorable; se podría decir que "de cine". Al final los astros se alinearon de forma natural y como por casualidad mientras esperábamos ansiosos la convocatoria de la "Brigada Zeca Afonso". By the way ... Si la semana ya había empezado bien terminó aun mejor con "Tabú" (2013) by Miguel Gomes (Lisboa 1972). Obrigado Tovarich "G".


De la película y sus curiosidades...
El film lo tiene casi todo. La ambientación de la historia "no nosso país irmao" y su pasado colonial. Si  la ultima vez le tocó a Angola esta vez fue a Mozambique ("The sunny sky is aqua Blue" Bobby dixit ). Non o dubides pá, a casa da Madriña "é portuguesa con certeza".
Más "Links" coa nosa signora ? 
Es curioso, pero podríamos decir que tanto "In the Crosswind" (2014) como "Cartas da Guerra" (2016) (ambas programadas en La Sede) probablemente -lo sepan o no- le deban algo a este "Tabú".
Anyway, anyhow... Una cinta cuidada y con una historia bien tramada no exenta de humor y drama con multitud de homenajes only for cinéfilos/as. Todo ello calmo y sin aspavientos.  Someone Dixit que su tempo es "El moroso y aterciopelado de las siestas". Correcto.
Desde el cine mudo hasta el b/n y la ratio 4:3, "Tabú" rinde multitud de tributos. Si miras con los ojos entornados probalmente verás "Tabú"/ Murnau o a los "Hnos Lumiere"  y puede que hasta "El río"/ Renoir o cosas tan variopintas como "Memorias de Africa", "Cocodrilo Dundee" o incluso "Help"/ "The Beatles". Si, la verdad es que contado así igual no suena muy allá, pero vale bien la pena por muchas y variadas razones. Créetelo.
Y x último y para no enredar más... SI, "Ella" (Teresa Madruga), es "Rosa" !!! aquella joven pizpireta que en 1983 enamoró a Bruno Ganz y su 8 mm en "Dans Le ville Blanche" de Tanner. Eso si, ahora ya con 65 años. Como pasa o tempo, flipa meu.

"I Like to spend some time in Mozambique..."

A Madriña Bless You All (En Modo off by "Carnaval")
"Si dedicaste 2 días y 14 horas !!!! a ver Breaking Bad (por ejemplo)... bien puedes dedicarle 90´a Murnau y 120´ a Miguel Gomes 2013. Don´t you ? " Someone Dixit / Smile.

martes, 16 de enero de 2018

Brigada "Zeca Afonso" plus Atenea "M"

 El "Mueble Bar" / Coisas do Siza
A finales del 2017 y en "La Sede" de A Madriña se generaba de forma espontánea la "Brigada Zeca Afonso". Entorno al "Chefe Buraka" -nuestro "agente" en Angola- y coordinados con el "Sector Lusista" nacía  la Brigada con un punto en común y relación directa (casi querencia diría yo) con la facción Atenea "M" . (Si ! después de Mazinger "Z" y Afrodita "K" ...).
El meetting point de estos 2 grupúsculos de A Madriña Asociados no es otro que la Arquitectura e o país irmao. Si, Dears ... la Arquitectura !! seguramente (y es curioso) la más ausente de las bellas artes en estos 12 años de blog Madriñento.   "En casa del herrero , cuchillo de palo" Someone dixit.

Al grano ...
Uno de los temas recurrentes del inestable grupo Atenea "M" es lo que podríamos llamar "La Recuperación de la modernidad 1939-1978" en Vigo, PO, que algunos han dado en renombrar como "La Modernidad Ignorada". Si, no es exactamente lo mismo (lo sabemos), pero no vengas a frenar ahora el discurso. Stoper !!!

Seguimos: Las casualidades (una vez más) han querido que el próximo doctorado de Atenea "M" se halla entrelazado con los Nunos (Teotónio e Portas), que a su vez se han liado en la memoria con el "Quaderns" Siza-iniciático 1983 y de vuelta y tiroporquemetoca con "La Modernidad Ignorada" (singular y plural) en Luanda, Angola y con el grupo de trabajo homónimo que opera en Europa, Africa y Latinoamérica y cuyos objetivos nos encajan como ... si, dilo tu "como Puño de hierro en guante de goma".  Nao acredito pá !!! Smile.
En préstamo / Biblioteca da Madriña

En resumidas cuentas... La conexión entre Atenea "M" y "Brigada Zeca Afonso" al pluscuamperfecto y todo en el mismo día !!!! Amazing, Créetelo.

Anyway, anyhow... 
y como el tema da para desarrollar largo y tendido, y esto es lo que es (un blog), aquí dejamos los elementos de discusión con su respectiva contextualización y links de descarga y/o lectura para que vayan vds. familiarizándose con el "temita". No le quepa la menor duda de que seguiremos ... (o no)

Elementos de Discusión:
1983. "Quaderns". Siza Vieira. Premeiquí y descarga free (si quieres)
2011. "Modernidad Ignorada". Arquitectura Moderna en Luanda. Premeiquí /lee (si quieres).
2013. "Nuno Teotonio e Nuno Portas" by Ana Tostoes. Premeiquí / merca (vou voulez ?)
2014. "Modernidades Ignoradas". (Otras Caras B´s). Premeiquí y descarga free (si quieres)

A Madriña Bless You All ( Hoxe in Arquitectonical mood / "Non sin tempo" Someone dixit)

Addenda. 
"Modernidad Ignorada" es una red de investigadores interesados en el estudio, catalogación y recuperación de aspectos y obras poco conocidas o ignoradas del patrimonio urbano y arquitectónico moderno . Premeacá
(Eiquí o leva a Universidad de Alcalá ... 
polo de agora/ Smile)