sábado, 21 de abril de 2018

Vigo (Pt) "Vila Morena" !!!


Xa fai máis de 20 días que na Sede de A Madriña hai un "noseque" moi portugués. Si. 
É dificil de definir pero semella unha mistura entre olor a grelha e frango, músicas do Alentejo, arquitecturas do SAAL, vinho verde, ritmos africanos e Revoluçao. Penso que o feito de que a Vitrina "25 de Abril" tomara A Sede ao asalto terá algo que ver. Digo eu... non si ?

Anyway, anyhow...
Hoxe pola mañán recibimos unha mensaxe "relacionada" e cautivadora en forma texto con imaxe adxunta na que se nos convoca a cantar na rúa !!! A cousa tenche moi boa pinta. Muito Portugal neste Abril do 2018 !!!
O texto di así...

"Son tempos críticos nos que é importante afirmármonos en común nos valores democráticos da fraternidade, a igualdade e a liberdade.
A canción Grândola e a Revolução dos Cravos, máis aló dos feitos concretos no Portugal de 1974, converteuse nun símbolo universal de defensa e reivindicación daqueles valores.
Un fato de persoas, integradas en coros unhas, outras só co desexo de expresarse en liberdade cantando, reunirémonos o 25 de abril e as 20:15 na contorna da Farola de Urzáiz en Vigo para cantar todas xuntas ao aire da rúa, a inmortal cantiga do Zeca Afonso Grândola vila morena.
Esta é unha invitación para que vos xuntedes connosco nese día, nesa hora, nese lugar, para unir a túa voz á nosa e deixar no vento notas de afirmación democrática e de liberdade.
Non haberá instrumentos musicais, nin pancartas nin bandeiras, só o voso cantar e, se vos apetece, un caravel vermello.
O pobo é quen máis ordena. ¡Xunta a túa á nosa voz! "


Non sei, pero si non entendín mal... convídannos a cantar ? Saberá esta xentiña en que lío están a meterse ao convidarnos ? / Smile

By the way ...
Someone Dixit : "25 de Abril / 20:15 / Farola de Urzaiz / Vigo, PO / Grândola Vila Morena"
"It´s so easy" que no fallará ninguén. Digo eu ... Non si ?

A Madriña Bless You All / Mércores 25, Vigo, Pt en modo "Vila Morena" !!! 

Addenda. Para quentar motores, o Martes 24 e as 19:30 na Escola Oficial de Idiomas en Vigo, Pt, o Capitao de Abril  "José Vieira" falará da "Historia viva de Abril". See you there !!!

6 comentarios:

TS dijo...

Vou

RO dijo...

Afinando voz!

TH (Les E) dijo...

Collendo tono..."Gran-Do-REEEE Mi-la-Moreeeena" !!!
Vou SI ou SI !!! Digo "RE" !!! Uy Que lío (y con el pasito plus toque cadera ..buff).
(x certo, como mola ir invitado e sin orjanisar !!!) Smile

Chefe_Buraka dijo...

Quero fotos!
(O áudio não é preciso)

Mme Lubi dijo...

Intención de ir teño(e moita),cantar(o que se poida),bailar(todo o que me boten).Senon hai continxencias alí estarei.
P.D.:Descanse Presi,merecido lo tiene.

TH (Les E) dijo...

Con Sectores tan activos como a "Brigada Zeca Afonso" así da calquera é Presidente !!!
Todo o mérito do éxito será deles !!!
E lembrade "Non hai éxito como o fracaso, & Failure is not succes at all" !!! Bobby Dixit

PD. Imos cara a EOI Vigo a escoitar ao Capitao Vieira e a súa "Historia Viva de Abril" / Hoxe Martes as 19:30