jueves, 26 de abril de 2018

En Vigo, Pt "tamén bate un coraçao" !!

A primeira na fronte: Éxito Total (con precedentes) o da non-convocatoria "Canta Grândola" de onte no Vigo, Pt !!!! Non hai lugar a dúbidas !!! Boa idea, mellor final.

Ao gran...
Como quen non quere a cousa, ás 20:15 o´clock a xente foise reunindo na farola de Urzaiz á espera do "ton" de saída. Grandes cartazes co texto falaban co silencio dos non-convocantes. Emoción ? Pois seguramente si.
Ao tratarse dun "non-suxeito" convocante todos éramos autores e receptores da non-convocatoria. Novidade ? Seica. Funcionou ? Coma un reloxo !
Aínda que é certo que isto conformou unha dúbida previa e razoable sobre a resposta á chamada colectiva, tamén é certo que a dúbida foi resolta ao instante ao comprobar o gran número de asistentes activos. Todos os presentes sabían de que se estaba a falar/cantar e respetuosos/as coas mínimas consignas do evento, asi foi: Non pancartas, non bandeiras, tan só Grândola, Vila Morena. Como si dun sonho madriñento se tratara, o obxectivo fíxose realidade e todos/as cantamos. Cada un/ha contextualizou o asunto como quixo e cada un/ha "interpretou" como puido. Acción colectiva desde o individual. 10/10. Todo moi "Grândola", todo moi Vigo, Pt.

Vigo, Pt "Canta Grândola" o  25 de Abril na farola de Urzaiz
O desenvolvemento d´esta curiosa "non-convocatoria" coa respectiva "non-comunicación" á administración "incompetente"  foi como se pensaba, imprevisiblemente organizado. Na farola, Grândola "entonouse" 3 veces "Desde o Fa ata o Re !!! " Someone Dixit. E como Fuenteovejuna decidiu que aquelo fora só un ensaio (a previa), marchouse  cara á Praza da Constitución para facer a versión definitiva no "ton" preciso e co paso alentexano coordinado á perfección. Grândola "Revisited" ! Para ser improvisado non puido saír mellor.

Anyway, Anyhow...
Que foi unha tarde histórica non hai dúbida pero... ese "Nós" descoñecido e convocante quere máis. Home nón !!! Smile.
A moi comentada ausencia da renovación xeracional non foi un problema menor. É de feito seguramente "o problema" o polo menos "un dos problemas". É urxente a movilización multixeracional. E urxente quere decir...URXENTE.
Detodolosxeitos... Que "Grândola" no sexa "interpretada" dun xeito transversal e multixeracional é comprensible pero non ten porque ser necesariamente así. Seica agora sería preciso voltar a leer o "non-comunicado" e ver que o "tema" da para moito máis porque lendo entre liñas é de total actualidade. Don´t you ? 
By the way... démoslle unha volta e sigamos a pensar "críticamente" en todo isto. A cidade é nosa, ben o merece e aínda ten solución. Non o esquezas e Créetelo !

"Tócache levar o cartaz e tes que cantar "Cara al Sol" / A cousa ten Sib / Smile

A Madriña Bless You All porque en Vigo Pt..."Tamén bate un coraçao"

Addenda: O "Non-comunicado"
"Son tempos críticos nos que é importante afirmármonos en común nos valores democráticos da fraternidade, a igualdade e a liberdade.
A canción Grândola e a Revolução dos Cravos, máis aló dos feitos concretos no Portugal de 1974, converteuse nun símbolo universal de defensa e reivindicación daqueles valores.
Un fato de persoas, integradas en coros unhas, outras só co desexo de expresarse en liberdade cantando, reunirémonos o 25 de abril e as 20:15 na contorna da Farola de Urzáiz en Vigo para cantar todas xuntas ao aire da rúa, a inmortal cantiga do Zeca Afonso Grândola vila morena.
Esta é unha invitación para que vos xuntedes connosco nese día, nesa hora, nese lugar, para unir a túa voz á nosa e deixar no vento notas de afirmación democrática e de liberdade.
Non haberá instrumentos musicais, nin pancartas nin bandeiras, só o voso cantar e, se vos apetece, un caravel vermello.
O pobo é quen máis ordena. ¡Xunta a túa á nosa voz! "

2 comentarios:

ts dijo...

ÉXITO TOTAL NA FAROLA. EN ESTE CASO ENTIENDO NO DEBE JUZGARSE LA ASISTENCIA COMO UNA MERA CUESTIÓN DE NUMERO O EDAD SINO DE CONVICCION (Y EMOCIÓN). Y POR ELLO, ÉXITO TOTAL.
PARABÉNS A TODOS OS ALÍ UNIDOS.
SALUD.

TH (Les E) dijo...

Coincido !!! Éxitosa Acción (Noraboa aos Non-convocantes) !!! Smile
Un micro-momento de respiro entre "Cifuentes y Manadas" !!!
Pero la realidad ha vuelto rápido y nos ha puesto de nuevo los pies en el suelo, esta vez en forma de sentencia descabellada.
País !! Forges dixit