jueves, 14 de octubre de 2010

Pre Arquitecturas. Pescudas e achados

Gondomar ( vila sen lei -aparente-je), é, ahí onde se mira, un vértixe cultural inagotabel. Desde que os nosos informadores se achegaron á capital do val miñor, a vila non fai máis que sair nos xornais e telexornais ( dun xeito o doutro). Relación directa oun indirecta o feito esta ahi. Non diremos máis.
Dentro da faceta cultural-reflexiva sobre o entorno que nos rodea (" quienes somos, de donde venimos,..a donde vamos "), mañan 15 de Outubro, inaugúrase a expo "pre ARQUITECTURAS. PESCUDAS E ACHADOS", de Antonio Soliño, Arquitecto. Maquetas, proxectos, divagacións (supoñemos)...e de todo. Coñecendo a este gran fan de RemolcaMadriña, podemos afirmar que a visita á aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, ben vale a pena. Eu que ti, non o dubidaría.
E xa sabes, se non acudes mañán á inauguración as 8 ( oito) da tarde, tes ata o 11 de Novembro para buscar unha disculpa. "O Peich" dixit.

A Madriña Bless You All

No hay comentarios: