domingo, 25 de julio de 2021

Outro 25 de Xullo máis ?

Hoxe é día de festa por aquí no corner superior-esquerdo da península ibérica. Aínda así a prensa matutina non da moitos motivos de bailongo ...

A ofrenda ao apóstolo do "Pre-parado", a parada militar e os "posibles" voos dos cazas da "Patrulla Águila" voltan a sobrar noutro 25 de xullo máis. Algúns seguemos a pensar que este país debería ser de verdade un país laico e que os militares deberían quedar mellor nos seus cuarteis. Que o aire que respiramos debemos coidalo e xa algo obvio (digo eu) e xa xomos moitos/as os que pensamos que non está o forno para tontunas ruidosas e tanto pouco vistosas como sostibles. Nunca entenderei a paixón da cidadanía a este tipo de acrobacias volátiles tan fósiles como os seus combustibles.

 
"Podería aínda ser peor, si" Someone dixit

No mesmo orden de cousas -ou non- parece ser que "A no mucho tardar" Oriol "J" ve a Ana "P" como presidenta dunha república galega. Pois que queres que che diga, xa me quedo máis tranquilo. Smile. Xa era hora de que viñeran os irmáns maiores a decirnos o que facer. A verdade non sei ben que pensar caro Oriol, pero presinto que eres de boa mesa, non si ? Aproveita pois dos productos do país, eres benvido e hoxe invitamos nós, pero mellor volta pa´ casa a barrer na túa que olimos o xofre meu.

Kit Oriol.
1 kg de Percebes de Corme. Pan de Cea. Pementos de Padrón. Chinchos da ría. Empanada de xoubas ou luras. Polvo á feira. Viño branco do Rosal e tinto de Rubiós. Tarta de Santiago e para ...non ?
(Chuletóns non que xa abonda cos que temos)
 
"Carallo Oriol, eu penso que cheja, non meu ?"
Ana dixit  
 
 
Anyway, anyhow...
O caso e que un 25 de xullo máis está aquí e nos seguimos igual sen subir nin baixar. Angrois que non esquece, o tempo que escapa entre as mans e nós con él mentres tantas cousas quedan por facer. Parafraseanfo ao poeta calvo e morto "Vín as mellores mentes da miña xeración destroidas pola mediocridade reinante". Tal cual. Seica por iso onte coa lúa chea na noite do 24 de xullo escoitamos "Ouveos" desde o Rosal ata Ribadeo ? Vei ti a saber.
 
Addenda.
Medalla de Ouro de Galicia para o Dispositivo Galego de vacunación COVID. Great !
"Deixádevos de medallas o que queremos son máis vacunas" SuMet Dixit
 
A Madriña Bless You All (Hoxe no día de SantIagO e 60th dalgún Lura que eu me sei. Smile)
"Estraño país onde a tradición é darlle una abrazo pola espalda e un croque na fronte ao seu patrón. Logo as cousas van como van e queixámonos. Smile" Someone dixit

Addenda do día despois.
Ao final a "Patrulla Águila" si estivo, fixo os seus malabares con engadido de bandeira de España no ceo e honor ao seu himno...
"Brillará, sobre el azul / los colores de nuestra nación.
En ofrenda y promesa, del futuro y tradición"  
Se a iso lle engadimos a promesa de "PS" de rebaixar esta mesma semán a peaxe da AP9 ...
"Tradición e futuro" ¿? Non sei que pensaredes pero moito tacto non é...

En fin, que seguen á mexar por nós e hai que decir que chove.

Recomendación: "Reboiras. Acción e Corazón". Premeiqui 

A Madriña Bless "MR" e "Luis" Nacidas

5 comentarios:

NoliReplyca dijo...

Qué tristura!!!Unha celebración patriótica con militares,curas e familia real...seica non cambiaron tanto as cousas.Así estamos.

Ppz dijo...

Cando é festa nacional... (etc.)

TH (Les E) dijo...

"En el mundo pues no hay mayor pecado
Que el de no seguir al abanderado"
Y tanto...
Ainda asim, happy day a tutti/e e vacunas pa´everybody XA !!!
Aburrimiento del Coivud este oiga !

SL dijo...

Hoxe happy day,mañán todo o mundo a pasar por "vacinaría".Guiño.

TS dijo...

O único que me podería gustar de esta merda institucional e que fose feriado, non festa, pero como é domingo, pois nada. Xa pasou.
Noxo, sen máis.
Sáude.