miércoles, 10 de julio de 2024

II Festival de curtas "Libre Albedrío" by Sector "AM"

Unha vez máis o noso benquerido Sector "ArroioMuiños" convoca o seu -xa clásico- Festival cinematográfico "Libre Albedrío". Este ano a temática ven pechada de serie, "O Monte". E decimos pechado que é un falar, porque por "pechado" enténdese todos/as estais convidados e o tema pódese de tratar dun xeito directo, indirecto, casual o metafórico. Os nosos Anarko-Podemitas te son así ! Smile (E ben que nos vai o asunto e o estilo, non hai queixa). "Créetelo" !

By the way... No lusco fusco do Venres 12 vémonos na súa morada Rosaleira. Hai visita programada y obligada ao mural "Niño do Trigo" na Sede da Comunidade de Montes e visita libre e previa á Feira do Viño do Rosal. A cousa promete terminar como o rosario da Aurora. En fin ... que son dous días.

+ info e curtas a : amadrinha.asociados@gmail.com

E agora "Do obxectivo"

Sector Arroio Muiños Informa:

"O Certame de CURTO-curtametraxes "LIBRE ALBEDRÍO" ten como obxectivo a axitación e o impulso da acción directa, en defensa dunha cultura e natureza sen ataduras e privilexios. Queremos favorecer que as persoas se expresen libremente, desde o principio bakuniano de que a miña liberdade termina onde comeza a do outro, extensible neste caso á natureza: a miña liberdade de uso do monte termina onde obstrúo a natureza no seu desenvolvemento...

Como parte especial do festival, dedicaremos un espazo exclusivo para a mostra de curtametraxes de artistas invitados. Nesta sección, poderemos desfrutar de obras de cineastas recoñecidos e talentos emerxentes que compartirán a súa visión sobre o monte, a súa protección e a súa beleza. Este segmento proporcionará unha oportunidade única para inspirarse a través do traballo de profesionais que destacan no campo audiovisual, contribuíndo ao diálogo sobre a conservación e o futuro dos nosos montes. "

Fantastique !! A cousa pinta moi ben e xa nos informan desde O Rosal que os primeiros traballos xa estan a chegar a borbotóns e promete ser non só divertida senón tamén "divertente". Smile & See ya there !

Summer time it´s here !!! "Créetelo"

A Madriña Bless You All (Hoxe specially a our dear sector ArroioMuiñense)

3 comentarios:

EB+ dijo...

Yo me haré un J5 and I´ll be there !
See ya´ at "The Tree Museum"

MetalFamily dijo...

Non podemos asistir,pásenlo bien gentes madriñentas🤘

TS dijo...

No acudo a certámenes reglados por anarquistas, me paece una aporía.
salud