" ....O meu amigo Peter, Xosé Humberto Baena Alonso, cuxa lembranza me fai tremer de tristura e de ira inconsolábeis trinta anos despois, permanece indestrutíbel na súa imaxe de rapaz garimoso, intelixente e comunicativo, no espazo das aulas e corredores que compartimos no instituto Santa Irene de Vigo, nas rúas vertixinosas de Compostela en estampida de manifestación estudiantil que me xuntou con el en varias ocasións, ou nas cociñas dun cuartel militar de Toledo onde coincidimos por derradeira vez, no inverno de 1972. Juan Paredes Manot, Antonio Otagegui Etxevarría, Xosé Luis Sánchez Bravo Solla, Ramón García Sanz e Xosé Humberto Baena Alonso viven para sempre na luz final daquela alba insomne do 27 de setembro de 1975, que debería constituír un dos motivos centrais da Memoria Histórica, da memoria pública en homenaxe, en posición alerta contra a negación da verdade, contra o fascismo..."
" Memoria Pública de Xose Humberto Baena " Alvarez Cáccamo