A Madriña ricorda:
Este ano o "Modo Duna"/ Servicios mínimos de A Madriña foi trepidante. Aínda asim, de todos os eventos realizados, un dos actos máis emotivos do Summer 18´ para as "Famiglias" Madriña, foi sin lugar a dudas o festival "Sinsalito # 2" !!
Como xa é tradición no evento Rosaleiro partimos da casilla de saída cunha invariante impagable, os nosos dears anfitrións :
O Comando Lura plus Eugene !!!
Todo imposible, todo inviable, todo inenarrabble sen eles, por iso a primeira na fronte:
Obrigado Amici !!
Unha das características desde a primeira edición de este xa clásico evento Madriñento é a súa continua mutación. Naceu coa intención de mutar ano tras ano nuha liña muy Madriña. O ano pasado estivo moi ben pero algo faltou. Este ano aínda estivo xenial, pero podemos facelo mellor !!! Que pasará o ano que ven no Sinsalito #3 ... ? Qui lo sa, A Madriña dirá (ou non). Créetelo.
By the way ...
Deixemos falar a Giorgio d´Lura e o seu "Ricordos do Sinsalito # 2"
"Cómo facer unha crónica do Sinsalito #2?
Qué palabras deberiamos usar que axuden a que, quen non estivo, se poda facer unha idea do que alí sucedeu? A pesar da contrastada (¡¡??) experiencia periodística de quen subscribe, recoñezo as limitacións coas que parto.
Como cada unha das actuacións da tarde noite do pasado 12 de agosto, esta crónica quere ser algo único, e non poderá ser, porque cada lectura será diferente, perdéndose esa característica de singularidade que sí tiveron as pequenas/grandes obras de creación artística que disfrutamos esa xornada en Martín-O Rosal.
Un setlist de 25 temas, máis bises, dá fé do éxito de participación e implicación.
Tódolos que estaban, eran.
Sobre unha base musical conformada sen ensaios, TedHead (Les Edouard) -guitarra, ukelele e piano-, o mítico Havi O -trompeta, guitarra- e o anfitrión Comando Lura -contrabaixo e guitarra-, conformaron a escenografía por onde todos os asistentes (e asistentas) pasaron a dar o mellor que tiñan, con graza, intención, nervos e cachondeo, creándose a cada pouco unha atmósfera creativa e de risas que nin a chuvia foi quen de afogar.
Porque cando ía comezar o espectáculo, comezou a chover ... e comezou o espectáculo ... o espectáculo de activarse en todos o modo “toldo”, sacando de cada ún o enxeñeiro que todos levamos dentro ...
Non quero destacar ningunha das actuacións porque todas tiveron o seu mérito e a súa graza. Pero non podo deixar de citar ás “Eugene All Beautiful Dancing Sisters” porque co seu “Mamma mía” nos deixaron a todos sen palabras, polo que están moi dacorde coa inspiración desta frustada crónica.
Sinsalito #3? ... vaite anotando (e preparando, porque, con estes, nunca se sabe)"
By the way ...
That´s all Folks !!! No plásticos, no fotos, no videos, no redes, no barbas, no nothing.
That´s our Sinsalito #2, o Festival máis retro ao norte do río Pecos (antes Minho).
That is for you ...
que queres estar "in" mentras nos soñamos dia e noite con estar "out".
Obrigado too a todolos presentes !!! " Sen voçe meu amor eu non só ninguem "
A Madriña Bless You All (Hoxe Specially a Eugene plus Comando Lura)