Da cidade Herculina chegan novas sobre o desenvolvemneto do e-book : " Proxecto Identidade ". Á chamada no mes de Decembro, da nosa benquerida irmá "Besbe", A Madriña Asociados Ltd. respondeu de xeito irracional ( como caseque sempre) en dúas liñas independentes:
Marcos X. e T & T.
...Como aínda non sabemos moi ben explicalo tema, trancribimos ista breve e imaxinaria conversa telefónica coa nosa Axente Orosiana , De que vai o asunto ? " Que de que vai o libro? ...De Identidades, todas elas distintas e expresadas de xeito diferente, porque neste escaparate que é a rede hai moito que amosar: relatos, poemas, fotografías, ilustracións arredor de cousas tan cotiás como o feito de pertencer (por nacemento ou sentemento) á mesma terra, como a sexualidade, como a música, como a infancia, a morte, a rede...cousas tan cotiás que están tan presentes en ti coma en min. "
Ah....éeee.. Que persoas participan ?
"J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco, e Manuel Rivas,"
Dixeches MANUEL RIVAS ???? " O Riquiño" ?
...( Pérdese a comunicación ) estamos a falar dende un celular, é o que ten Oroso...pouca cobertura...
SI, ? SI ?...Besbe ? .....Dixo Manuel Rivas , non si ?
(beep,beep...beep....)
..
+ info http://beliscospequenos.blogspot.com/
..
A Madriña bless Besbellinha
(e ós 54 participantes do "Proxecto Identidade" )