domingo, 5 de junio de 2011

Comenta o Comando Lura # 2 - Primavera Sound

Nos últimos anos O Comando Lura estáse a convertir no noso cronista oficial do que acontece na primavera na Cidade Condal. Recien chegada a súa crónica e sen mais dilación, eiqui está para disfrute e envexa de todos vos ( e nos).

Comenta o Comando Lura # 2
" Primavera Sound 2011: unha morte (anunciada) de éxito" 

"A presencia (acreditada e profesional) deste enviado especial de A Madriña ao Primavera Sound que se celebrou na cidade condal (do condemessi) entre os días 25 e 29 de maio (coa paréntese do sábado 28 de 20,45 h a 22,30 h por razóns obvias dende o punto de vista balompédico, todas elas moi celebradas) confirmou unha fundada sospeita: este encontro musical internacional perdeu a referencia e a escala na que baseou o seu éxito, pasando a ser unha macrofábrica de money, cimentada nunha oferta descomunal (novamente superaron os 200 grupos presentes) en detrimento dunha calidade e comodidade que o chegara a convertir nunha cita obrigada en Europa para o disfrute da música chamada “indie”, e que vistos os estilos e tipoloxías de grupos, non se sabe moi ben xa qué significa.

Esa desmedida masificación do festival, esa mega oferta (houbo quen falou de ¡stress musical!), eses problemas tecnolóxicos propios dun intento enfermizo por collerlle os cartos canto antes aos participantes (mediante a relación entre a tarxeta de crédito e a tarxeta de acceso ao festival, con prepago, e que o primeiro día do festi non funcionou, cabreando ao persoal -horas sen beber- e levando á organización a retornar á tradicional fórmula de bebes e pagas, de tanto éxito ao longo dos tempos), e esa constatación de que nos grandes concertos do festival (con 15-20.000 persoas) semella que só un 20% dos asistentes están ao que pasa no escenario, e o resto están de berro-palique, afogando calquera intento de entender aos silenzos como parte esencial da música, son claramente ámbitos de mellora, que se dí agora, para posteriores edicións. Máis a máis (como din eles), creo que os organizadores estarán xa pensado nas voltas que lle terán que dar á configuración do festival para evitar unha caída previsible, perigosa cando se fai dende tan arriba.

Pasando xa aos grupos que este humilde cronista poido ver (mirar) e escoitar, direi para comezar que fun quen de chegar a uns 20 concertos (unha burrada, en tres días), aínda que non todos enteiros. Destacaría positivamente os concertos de P.I.L (Coppini, toma nota do que é a madurez dun punky, John Lydon-Johnny Rotten, inmenso no escenario aos 55 anos, cunha potente e heterodoxa banda de punk-rock), Pulp (pop rock británico do mellor, con formación orixinal), Jonh Cale (ex-Velvet Underground, acompañado no Auditori -cunha acústica celestial- por 15 violíns, 4 metais, 3 chelos, 2 contrabaixos -BCN216-, e a súa banda -guitarra, baixo e batería-, revisitando o seu disco “París 1919”), Explosions In The Sky (sorprende unha banda de r'n'r contundente?, pois sí, e moito), Grinderman (Nick Cave en estado puro) e PJ Harvey, con preciosas cancións que brotan cunha aparente facilidade.

Entre as singularidades, resaltar a The Flaming Lips, cunha colorida posta en escea e un bo espectáculo no escenario, Fleet Foxes (mil guitarras, coros -todos- e grandes temas) e Papas Fritas (frescos a pesar do nome, divertidos e onde todos, e todas, cantan). Belle & Sebastian, ben, correctos, pero sen botar foguetes.

Decepcións, The National, Interpol (estas dúas bandas, probablemente tiveron o pior son -pouco volume- das vistas), The Jon Spencer Blues Explosion (tiña eu aquí grandes espectativas), Suicide performing first LP (non estou preparado, sintoo), James Blake (¿?), Animal Collective (demasiada psicodelia pa mi cuerpo) ou Swans (para o disfrute da música preciso mínimas doses de melodía ou algo homologable).

En definitiva, disfrutamos dabondo, pero ao festival véselle unha aposta pola cantidade en detrimento da calidade (que nós mitigamos cun pase PrimaveraPro -con privilexios propios dun VIP-, que a Madriña chega a todos lados) que pode levalo a ser exclusivamente (xa o é en gran medida) unha cita non só musical para os británicos na primavera mediterránea.

(“E o Barça qué, outra vez campión de Europa?”. Coño, como está a cambiar o conto ...) "

A Madriña Really  Bless O Comando Lura
PD. Que si Puchiño...que RM volverá a tocar con él...no sexas plomo meu..jaja

2 comentarios:

RAEL dijo...

ya no compro la prensa ¿musical?,prefiero la verdad de comando lura.
Paso de hablar de música ¿indie?,pero a la vista de lo escrito no me resisto a sacar -de nuevo- a colación un tema recurrente: ¿para cuando una empresa/promotora/festival/productora auspiciada por RM que ponga un poco de música en todo esto?

salud

Comando Lura dijo...

¿Nova edición de accións RM?
Capacidade e rede, non faltan
¿Proxecto de festival musical?
Ideas e grupos, non faltan
¿Incorporación a CEPYME?
Pelas e tragaderas, escasean

Que a Madrinha ilumine