martes, 11 de junio de 2013

Sempre Igual, menos mal, viva Porto e Portugal !!!

O primeirísimo círculo xa estaba intranquilo. Levábamos días preguntándonos porqué non recibíamos info adecuada, contrastada e veraz sobre o que aconteceu no PSound Porto 2013. O noso enviado especial o Comando Lura  aínda non voltara ao seu lar unha semana despois.A súa familia -preocupada- chamounos ( por decirlo dun xeito educado...un tanto "alterada"). Ao teléfono as cousas soan distintas, pero..."que si non era o mesmo desde o Coia MIlagro"...." Que si as malas compañías...". A cantinela de sempre.
O caso e que o rapaz ( adulto, pero rapaz), chejou por fin a súa casa cun sorriso de orella a orella e saudando sen perder a compostura. Dormiu dous días seguidos e levantouse para enviarnos a crónica; Un profesional !!!!. 
Onde estivo o Comando Lura desde que se pecharon as portas do PSoundP ata a súa chegada a "Casa Perez entrañable" ?. Ninguen o sabe e él non o recorda. Pero como din o refrán...." O que pasa en PSound ...queda en Psound". Sexa como fora, o ano que ven, imos de seguratas ao seu carón. Non hai fallo. Escoitemos pois, a voz do Comando...

Comenta o Comando Lura ( #4) 
PRIMAVERA SOUND NO PORTO. Sempre igual, menos mal, viva Porto e Portugal
Óptimus Primavera Sound. Porto, 30-31/05, 01/06 de 2013

Comenta o Comando Lura que... " Está vez si, tivemos a fortuna de “viver” ao completo o festival Primavera Sound que aconteceu -segunda entrega-, no Porto (á primeira cita, o pasado ano, non fomos quen de achegarnos), a modo de spin-off ou mellor, de irmán pequeño, do PS Barcelonés.
Resumindo: Óptimo. Concretando: Blurtal. Concluindo: Moito Porto
A cidade portouse sabendo que ten na música, na cultura e nos desexos de vivir ben os seus máis vitais apoios, que a estructuran, dan vida e permiten que creza sen romperse, sumando e queréndose así mesma.
A música do PS foi unha banda sonora perfecta para esta longa fin de semana portuense tardoprimaveral. O Parque da Cidade -pasealo fai que pareza obvio o dereito de ter algo así perto de ún- dedicou unha pequena parte da súa maravillosa existencia a acoller a milleiros de ávidos festivalistas. 75.000 seres humanos nos tres días; a versión portuguesa do Primavera Sound, se non supera en valoración global á orixinal catalana (170.000 asistentes), está ahí ahí...
A organización e o festival en xeral ten claro que é fundamental que quen asista se atope cómodo e a gusto,e todo está pensado para que eso pase. Así, nada máis entrar (eso sí, cacheado a fondo), vas recibindo: programaimperdible, bolsadetela convertible en mantelparatumbarte, canuto con “sesteira” enrollada (tubo con esterilla), libreto do festival, xeados gratuítos,.... e catro escenários, centos de abrevaderos SuperBok e Caipirinha e lugares diversos de comida máisoumenos rápida (salientable -viste?- a parrillada arxentina en bocatas), así como lugares para o descanso merecido, máis alá dos verdes prados...

 

E falando dos grupos que vimos, así, en plan bestia: Wild Nothing(escoitámolos ao lonxe, facendo a cola, e resultou un pop agradable), The Breeders (grupo de Kim Deal, baixista de Pixies, totalmente prescindible), Dead Can Dance(experimentación musical multicultural, matices vocais interesantes e agradables ao oído, pero probablemente máis propio doutro momento e contexto), Nick Cave and the Bad Seeds (a evidencia de que con 50 anos aínda hai corda para rato. Im-pre-sio-nan-te, impactante a vixencia deste monstruo do escenario -andivo, literalmente, por riba do público, totalmente entregado-, de riguroso negro, como todo o grupo, provocando subidón tras subidón), Om (un cognazo), Neko Case (correcta sacándolle moito partido a dous acordes), Daniel Johnston (estupendamente acompañado dun imberbe pero sólido trío, sorprende o seu chorro de voz nun tema; logo angustia un pouco...), Local Natives (unha das agradables sorpresas do festival, veñen de LA cun moi interesante e evolucionado concepto musical entre o pop experimental e o folk), Swans (sen discutir se son ou non uns xenios, é a segunda vez que non son quen de escoitalos máis de 10-12'; para este cronista, in-so-por-ta-bles), Melody's Echo Chamber (insinuante pop francófono de calidade), Grizzly Bear (cun directo moi cuidado e agradable, fixéronseme algo repetitivos), Blur(BLUR-TAL, do mellor do festival: actitude 10, calidade 10, son 10: completaron a súa primorosa secuencia de hits coa participación dun cuarteto de voces negras -cunha permanente coreografía moi sincronizada- e dun trío de metais -dous trombóns de varas e unha trompeta-), Manel (pop catalán moi dixerible), Paus(portugueses co ritmo nas veas e unha curiosa formación: dúas baterías, baixo e teclados), Dinosaur Jr (son potente e salvaxe..., con pouco matiz), Los Planetas (síntoo, abúrrenme), The Sea & Cake (bos músicos e interesante grupo; mentras os escoitaba entereime de que o Celta seguía en Primeira e que o Deportivo baixaba a Segunda, polo que comprenderedes que, nese momento, houbo unha comprensible falta de atención e, a partir de ahí, todo se viviu cun estúpido e permanente sorriso), Explosions in the Sky (siguen sorprendendo; dá gosto saber que estás ante algo único e orixinal; consello: se podes, non chos perdas. O guitarra sabía algo de portugués e presentouse: “Boas noites, somos Explosões no céu”), Savages (postpunk británico feminino de recente creación, déronno todo no escenário ante un público agradecido).
En fin, Blur, Nick Cave, Explosions in the Sky, Local Natives e nós -por estar alí-, os grandes triunfadores desta edición do PS portuense. Voltaremos, seguro. Grazas, Porto "

Sin lugar a dúbidas, o info PSound do Comando Lura é inmellorable !!!. Temos que decir que ata recibimos video en directo da actuación dos Blur !!!!  Grande Porto, grande Portugal !!! 
Unha mágoa que a caída do carte do "Sugar Man" nos botara patrás e decidiramos quedar finalmente na casa...o ano que ven imos. Si o Si.
Anyway, Anyhow...
Ainda asím... O "Mono Rojo/ Red Monkey/ Monkey Red" solicita info máis detallada sobre Danny Johnston....Levou o seu disfraz de Gorila ?... e o máis importante "True love will find us...in the end" ?. Demoledoras questiones las del simio encarnado. Creánselo.

A Madriña Bless O Comando Lura & Psound Porto too.

6 comentarios:

TedHead ( Les Edouard) dijo...

Gran crónica la de Comando Lura !!! El año que viene...PSound Porto !!!

nadir dijo...

noraboa o comando
coincidiendo o discrepando -como tiene que ser- en los gustos musicales, actitud 100% r & r
envidia me dio leerlo

long live Komando Lura!!!!

Mr. Wolf dijo...

Gran crónica. E logho que lle pasou a Sugar man? Detivérono na aduana por levar sugar no cola cao? :(

Tedhead ( Les Edouard) dijo...

Para mi que o Sugar Man é un pouco vago...Dous PSounds seguidos ( Barna e Porto), moito chollo... é mellor un só concerto no Poble Español ( 8 Xullo) e máis caché ( supoño)... O "Sugar M" di que está malito pero a min empeza a recordarme ao "Sugar" do "Starsky e Hutch"... !!!! jaja
PD. Por certo Magnífica a parodia do Benny Hill de Starsky & Hutch
Ante o pouco ánimo de Sugar,( Starsky o Hutch) lle preguntan...
- Sugar , porque non te casas e te retiras ?
E o Sugar contesta...
- Coñeces algunha viúva que esté preñada ?

Moralexa: Non Hai Sugar traballador !!! jaja

A Madriña Dixit dijo...

Sorry, "El Protegido" está desaparecido de estos lares...pero ya antes del invento de Rochie !!!
( habrá que volverlo a llamar el "Desprotegido" ?).
Esperemos que no y que salde pronto su deuda con el "EBy50".
A Madriña perdona pero no olvida

Rochester's Strip Club dijo...

A mis chicas les debe dinero.