sábado, 12 de junio de 2021

Fóra as túas sucias mans de Don Antonio... Manolo !

As cousas pintan ben na sede d´A Madriña. As "Famiglias" e "satélites libres" volven a coller ritmo mentres a vacunación avanza no desexable "non stop".

Mentres o Vigo, PO "institucional" segue a comprar boletos para levar o premio "Cidade Alzheimer do SXXI", a outra cidade, a paralela, retoma o pulso nunha loita sen cuartel. Non nos debe extrañar pois Vigo, PO sempre foi así e forma parte do noso ADN de cidade obreira e inxurxente na loita continua. "Créetelo" e senón le a hemeroteca. Sabes ler? Senón silba.

Onte as 20:00, os Rompente plus 3 presentaban "Que Hostia din os rumorosos ?" no Tamberlick en Vigo, PO. A acción foi toda unha metáfora en si mesma. Os rumorosos falaron e ben alto descolocando os papeis e movendo as canas ao vento mentras voltaba o espíritu circense da cidade da man do seu combo poético por excelencia. E decimos "excelencia" no seu sentido bíblico e non metafórico. Excelencia foi o vivido onte no circo grego feito coas cinzas do Tamberlick. Non diu res.

A instantánea -metáfora en si mesma tamén- fala por si soa. De esquerda a dereita "Elviro" feliz. Normal; non é para menos. Romón, brazos en xerra, conxuntado e desconxuntado ao mesmo tempo, medita sorrindo a punto de entrar no dancing. Reixa estirando, atento e orgulloso observa ao seu pupilo máis avantaxado. Hernández lendo o TFG -ou similar- un tanto nervioso diante do coro dos tribunais. Non é para menos. Avendaño (o outro) como bo galego retornado da diáspora, non sabemos nunca se entra ou se sale. Let´s "Shave the Sailor" ! Fóra da foto os Patiños pechando o clan dos "rumorosos". E a todo isto, o mellor aínda non empezara. Non digas que non, a foto ten tela. Smile. 

Tela ou non, que teñen os Rompente que despois de máis de 35 anos fora da escena olívica atraen multitudes? Si, multitudes minoritarias, pero multitudes. Believe it or not. Pois o que teñen saberano eles, ou non, pero o que conseguen sabémolo todos nós. Entre outras, recordar que esta cidade aínda ten solución. Que os tempos escuros pasarán ou non, pero alguén ten que recordar que Vigo, PO foi, é e será sempre o motor da vangarda no noso "petit" país de Breogán. Nestes tempos, Rompente voltan a ser non só necesarios e útiles senón imprescindibles. 

Anyway, anyhow ...

Fóra do cadro, a acción empezou con "Frutas Nieves" a primeira hora da mañán. Unha "instalación" daba a benvida ao combo Rompente plus "Jotajota" na súa microestadía temporal na Sede d´A Madriña. A visita de traballo quedaba no eido particular do trío sen trasladarse nin ás "Famiglias" encadrándose no programa Madriñento definido no punto 3 epígrafe 2 do "Manual de Urxencia Dunar" da nosa signora. En resumidas contas a acción foi todo un éxito, ou case. Os limóns -e a caixa- quedaron na Sede e no libro de visitas asinaron 2 de 3. "Jotajota" moi discreto din que dixo "eu son o que son o do son" (Ay que carallo !) E o terceiro en discordia seica malinterpretou a "Instalación" ou vei ti a saber que. O título daba pistas pero non eran as correctas? Isto do arte conceptual e o dos títulos igual non é o noso. O caso é que "Fóra as túas sucias mans de Don Antonio ... Manolo!"  acción efímera -entendida ou non- igual algún día está no Reina Sofía. Smile, gargalladas sonoras, aplausos, ruido sen identificar e fundido a negro.

A Madriña Bless You All 

Grettings from "El huerto claro donde madura el limonero" Don Antonio dixit

Addenda. Á mesma hora e na mesma cidade os SJ despedían o día no solpor. Cousas grandes da cidade do olivo, ou todo ou nada ! 11-Xuño-21 quedará como o día do overbooking emocional en Vigo, PO. Smile.

 
Aclaración por petición. Os SJ, que eu saiba, non leva o tema "limóns" pero ben poderían ...
 

6 comentarios:

TH (Les E) dijo...

Emocionante presentación a dos Rompentes eses!!!
Estaremos atentos á anunciada xira Androis-Sarria.

PD. Notas para a próxima xunta xeral d´A Madriña: Revisar o convenio con "Frutas Nieves". Os limóns non estiveron a altura das circunstancias.

Happy Limón Weekend !

A Madriña Informa dijo...

Pasando lista...
"Ese" Cortegoso, Lito "P" plus one, Trigo Jr., Paco "O noso", TH (Les E), Lura & Eugene (Muy pronto en pié), Dani-Daniel, Javier ICR (Nuevo fichaje de los RCR Boys), Indy Tumbita & family, Antonie "O", Roje@ & Claudel, Il Bosco from Rios y otros/as conocidos/desconocidos o sin identificar...lo dicho, la crême de la crême ! Cream on Top !

MetalFamily dijo...

Os limóns están un pouco encriptados(non todos o entenden) .Sonrisita cariñosa.
Adiante Rumorosos/Rumorosas!!

A Madriña Informa dijo...

Ok. Publicaremos addenda explicativa y limonera (Que non cocotera)
Pista. Un inglés dijo "Oh yeah yeah!" Y un francés dijo "Oh lalá"

TS dijo...

Yo era más de Basilio.

salud

TH (Les E) dijo...

Henry Stephen,Basilio, y Barullo !!!!
Todo encaja !
Adelanto... Jueves 17X milagreiro e mañanceiro !!!
"Vaso de vino, guitarra y canción ! Andar los caminos a la buena de Dios...
Un Oráculo !! jajajaja