Cuando ya dábamos por fallecido el club de los "14 plumillas" nos ha llegado a la redacción magrebí una crónica del verano 22, uno de los más sudistas de la nueva era Madriñenta. Créetelo.
Como es bien sabido, al norte del rio Pecos (antes Minho) no se mueve ni una hoja sin que A Madriña dé su beneplácito. Este verano ha sido tal el nivel y cantidad de eventos en el B.M. que nos ha dejado exhaustos de emociones pero eso sí, con las pilas recargadas para una buena y productiva temporada otoño-invierno.
Anyway, anyhow...
Si estuviste en todas, alguna o ninguna de las acciones tu sabrás "y a mi plin" pero el caso es que o noso Comando Ex-Lura se ha fijado cual buho y así en detalle nos lo cuenta. Que hable pues nuestro agente verde cuya verdigracia literaria crece a pasos agigantados. "Y eso que estamos en modo decrecimiento, menos mal" Turi-él dixit. Smile.
Comenta o "Comando Ex-Lura": Baixo miño de alto nivel
Á Madriña, da que nos consta a súa aparición, hai anos, no centro-norte do país (Corrubedo), gústalle o sur; nótase que aí se sinte cómoda, en casa.
Así, os seus froitos, sempre intensos e sentidos, agroman xusto ao carón da raia minhota, no que para nós é o Baixo Miño (o Alto Minho para os nosos irmaos), o máis “sur” que temos no país, ... aínda que para sures, o do noso benquerido ex-presidente, agora emigrante magrebí.
As probas son contundentes. Nos últimos meses: Cpk (Tomiño), African Party (A Guarda), Sinsalito (Martin-O Rosal) e Cine Tabagón (Tabagón-O Rosal) ... todas citas imprescindibles que melloran, anualmente, as edicións precedentes.
E, como chegamos “un pouco tarde” a falar delas, xa rematado o verán, centramos a atención agora só nas dúas últimas citas, sen por eso desmerecer en nada as anteriores, de pedales, cantigas e empanadas ;-)
O Sinsalito (na súa cuarta -4ª- edición, que moitos pensamos que xa nunca máis se celebraría, predicción que, pandemia mediante, cáseque se cumpre) volveu sorprender a propios e ex-traños, coa súa arriscada proposta de anarcoprograma, fórmula tán avanzada que non foi entendida pola totalidade dos asistentes, eiva que se tentará solucionar en vindeiras edicións, mediante instrucións máis detalladas e vistosos powerpoints ... ;-). Esta edición, adicada ao noso máis ilustre e querido emigrante africano (con agasallo e dedicatoria), transcorreu, ben avanzado agosto, entre deliciosos desafinos con coraçao e novas aportacións artísticas, bo humor, esquisitas viandas, gorxas ben regadas ... e diversos copos rotos. Xa entrada a noitiña, unha edición sorpresa do cinematográfico ciclo “Demasiados frentes abertos” presentounos -con M.Romón de mestre de ceremonias- a “Bim” (A.Lamorisse, 1951), film sobre o encantador burro magrebí que nos acompañou no fin de festa da noite rosaleira.
Xa en setembro, profundizamos na teima cinematográfica, coa proxección-coloquio de dúas curtametraxes do director local Gon Caride (“Morte e o meu avó” e “Octubre”), co luxo dunha presentación previa polo autor e un coloquial coloquio, posterior ás proxeccións ... un privilexio. O sector Tabagón-Arroiomuíños mantén alto o listón da cita, xa consolidada, de “Outros cines” á beira do río. As viandas (destacaron Tamara e Nenuca, con mencións á innovación e á tradición, respectivamente, e as famosas samosas lusas) e os caldos varios, acompañaron na súa xusta medida a eses momentos únicos.
O outono avisa que chega, e queremos tamén saber disfrutalo.
Saúde"
Se puede decir más alto pero no más claro. Obrigado pues a nuestro dear "C" Ex-L por tan sabrosa y apetitosa crónica.
A Madriña Bless You All (Hoxe specially ao noso Comando "Ex-Lura")
"Tomiño, A Guarda e Rosal agardando polos dois de Portugal" Someone dixit / Smile
2 comentarios:
Unha festa sen fin; ainda que quizáis moito, demasiado, rural; al menos para os madriñentos urbanitas, que perden o equilibrio no terreo irregular.
Saúde.
Qué haríamos sin cronistas irredentos? O nada queda si no se cuenta.
Publicar un comentario