Fai xa caseque 35 anos da primeira vez que A Madriña viu ao Morris sobre un escenario. Eran os tempos de Artello e `As Nubes´ de Aristófanes. Xa choveu e aínda que seguro que non era a súa primeira vez, si a nosa. A tourné en Vigo, PO iba dende os Salesianos ata o Sta. Irene, e sexa como fora e donde fora, os que alí o vimos, aínda recordamos o ben que o pasamos ( " Que queres de nós.." ?). Era Morris en estado puro e dende entón o seguimos de cerca... Celtas Sen Filtro, A Batea, Woyzeck e tantas outras ...
Hoxe falamos de Morris porque aínda que é certo que os 3 homes da "Esmorga" están que se saen - o Lira e o Errejalde son do mellor- o Morris non só é grande, o Morris é noso !! e conseguiu o que todos dalgún xeito u outro dexesábamos. Fíxose "internacional" dende a cidade, dende Vigo, PO. Neste mundo da `farándula´ os recoñecementos nunca chegan como deben ni cando deben , e si de esta vez non ocurre é que aínda estamos moito peor do que creíamos. O noso recoñecemento e o do púbico xa o ten. Pero iso non abonda.
A primeira fin de semana do estreno e proxección de " A Esmorga" din que foi moi boa, pero como decía Harvey Keitel..." Non nos ...". Ti xa sabes.
A Esmorga é obra e obviamente esforzo de moita xente, e nótase en cada fotograma a profunda homenaxe e respeto a aqueles que tanto ten feito polo "noso". E neste caso penso en Blanco Amor, pero tamén en Díaz Pardo, e sei que sentiríanse orgullososos do relevo xeracional de xentes como Ignacio Vilar, Miguel de Lira, e por suposto: Morris. Era unha débeda pendente e aínda que non se pode considerar saldada, é un paso simbólico e de gran significación e que vai un pouco máis alá do feito ata agora. Digan o que digan, na Esmorga está tamén Chano Piñeiro e Sempre Xonxa, toda a tropa dos "Nós", a Galicia do rural e da emigración... a tristura deste país, o Nunca Máis... é un todo e aínda que esperamos que "funcione" na meseta, dubidamos de que realmente o entendan. Pero ise e outro asunto...
By the way...Nun país decente A Esmorga sería un libro de obligada lectura en calquera IES Galego. Nunha situación normal ... A Esmorga sería unha cinta para ver e "exportar" en V.O. e con subtítulos en castelán, inglés, finés.. ou que sexa. Nun contexto lóxico... A Esmorga sería un éxito comercial e daría moito que falar e pensar ... pero así somos nós, 25 anos despois do Piñeiro e Xonxa, outra conexión Ourensán-Viguesa volve a resituarnos caseque no mesmo sitio onde estábamos... Pero iso tampoco ten porque ser mal asunto, non si ?
Anyway, anyhow.... Obrigado A Esmorga, por insistir en quen somos, recordarnos de onde vimos e facernos pensar cara onde imos .
En resumidas contas..."Morris" ? : Un dos nosos.
+ info? premeiqui
A Madriña Bless Antonio Durán "Morris", All the "A Esmorga"´s staff & T.W.L .too
Addenda. Obrigados á "Emorga" Staff pola invitación á proxección "VIP vaporub" previo ao estreno do film. A ver se outros pillan a indirecta...
Someone Dixit " Seica Mr. Wolf sacou outro libro..." .Correos debe estar saturado cos Christmas navideños e por iso non chegou aínda "o noso exemplar" ? Smile. Count to ten, & Then Smile again.
No hay comentarios:
Publicar un comentario