sábado, 6 de octubre de 2018

Día de loito no país

"A derradeira leición do mestre" o cadro de Castelao xa está en Santiago DC, en Galicia
Tan só de paso, si, pero está.
A obra que representa o vil asesinato de Alexandre Bóveda en Agosto do 36 e por extensión o de todos os mestres "paseados", formará parte dunha exposición no Gaiás.
A Castelao atribúense caseque tantas virtudes como defectos, pero se unha cousa seguro que non lle faltaba era a imaxinación. Por elo decir que a Galicia actual aseméllase á que "imaxinaba" Castelao é unha mistura de falta de respeto e ignorancia interesada. A liña "argumental", repetida de xeito mecánico desde a Xunta de Galicia entra na xa clásica estratexia de "a forza de repetir as cousas convírtense en realidade". Nunca colou, pero cada vez menos.

Por elo, que o presidente da Xunta siga a mesma liña de acción e manipule a verdadeira orixe do cuadro na súa presentación e recepción, e que isto pase nun lugar chamado "Cidade da Cultura" (¿?) non deixa de ser paradóxico e debe calificarse como  o que é: unha verdadeira vergoña, un insulto á historia do noso país.

Detódolos xeitos e polo visto, unha cousa si é certa, o xerme do mal que Castelao vivió antes do exilio aínda está no aire e o impregna todo cando menos o esperas.
Que xente sin escrúpulos e diante dos propios familiares sexan capaces de terxiversar e mentir co obxecto de cambiar a historia da noxo. Sinvergoñas, descendentes do xenoma canceríxeno que fixo desaparecer a toda unha xeración completa da que formaban parte Alexandre Bóveda e tantos outros, non merecen a representatividade que o pobo otorgoulles.  O 3 de outubro  foi un día triste para Galicia. Sen lugar a dúbidas, un día de loito no país.

A Madriña Bless You All ( Castelao will never die !!)

Info eldiario.es / + info premeiqui
En ref. a la obra de Castelao
"La recuperamos para homenajear la educación a través de los ojos y de los trazos de Castelao" y de su "poderosa carga simbólica como defensa de la educación frente al fanatismo" y "de una enseñanza en libertad" como "medio de promoción de valores democráticos " Nuñez Feijóo dixit

3 comentarios:

TS dijo...

Suscribo. Verguenza ajena y gran tristeza. ¿Hitler alabando la Estatua de la Libertad? El mundo al revés.

Comando Lura dijo...

Arcada sideral
(requetemegapuajjj)

SataNol dijo...

Unha COUSA está clara: o que está pasando nesta terra non podería ser imaxinado nin por Castelao,nin por Boveda nin por ninguén cun mínimo sentidiño,pero claro...basta con que te voten (ou era con B?)