"A derradeira leición do mestre" o cadro de Castelao xa está en Santiago DC, en Galicia.
Tan só de paso, si, pero está.
Tan só de paso, si, pero está.
A obra que representa o vil asesinato de Alexandre Bóveda en Agosto do 36 e por extensión o de todos os mestres "paseados", formará parte dunha exposición no Gaiás.
A Castelao atribúense caseque tantas virtudes como defectos, pero se unha cousa seguro que non lle faltaba era a imaxinación. Por elo decir que a Galicia actual aseméllase á que "imaxinaba" Castelao é unha mistura de falta de respeto e ignorancia interesada. A liña "argumental", repetida de xeito mecánico desde a Xunta de Galicia entra na xa clásica estratexia de "a forza de repetir as cousas convírtense en realidade". Nunca colou, pero cada vez menos.
Por elo, que o presidente da Xunta siga a mesma liña de acción e manipule a verdadeira orixe do cuadro na súa presentación e recepción, e que isto pase nun lugar chamado "Cidade da Cultura" (¿?) non deixa de ser paradóxico e debe calificarse como o que é: unha verdadeira vergoña, un insulto á historia do noso país.
Detódolos xeitos e polo visto, unha cousa si é certa, o xerme do mal que Castelao vivió antes do exilio aínda está no aire e o impregna todo cando menos o esperas.
Que xente sin escrúpulos e diante dos propios familiares sexan capaces de terxiversar e mentir co obxecto de cambiar a historia da noxo. Sinvergoñas, descendentes do xenoma canceríxeno que fixo desaparecer a toda unha xeración completa da que formaban parte Alexandre Bóveda e tantos outros, non merecen a representatividade que o pobo otorgoulles. O 3 de outubro foi un día triste para Galicia. Sen lugar a dúbidas, un día de loito no país.
A Madriña Bless You All ( Castelao will never die !!)
Info eldiario.es / + info premeiqui
En ref. a la obra de Castelao
"La recuperamos para homenajear la educación a través de los ojos y de los trazos de Castelao" y de su "poderosa carga simbólica como defensa de la educación frente al fanatismo" y "de una enseñanza en libertad" como "medio de promoción de valores democráticos " Nuñez Feijóo dixit
3 comentarios:
Suscribo. Verguenza ajena y gran tristeza. ¿Hitler alabando la Estatua de la Libertad? El mundo al revés.
Arcada sideral
(requetemegapuajjj)
Unha COUSA está clara: o que está pasando nesta terra non podería ser imaxinado nin por Castelao,nin por Boveda nin por ninguén cun mínimo sentidiño,pero claro...basta con que te voten (ou era con B?)
Publicar un comentario