sábado, 16 de febrero de 2019

Loli "B" dixit "Cheese" (1/2)

Na radio están a falar de Portugal. Tema: Era Pessoa racista o falaba irónicamente a través dun dos seus "heterónimos"? Resumo: Angola e Cabo Verde non aceptan o nome do escritor para o programa Erasmus Lusófono. "Racistas non" (graciñas) e propoñen a Eça de Queiroz ou mesmo a "Sara-Mago".  
Anyway, anyhow .... 
Gran país o que fala sobre os seus escritores (ou escritoras). Créetelo.

Ao gran ...
O Comando Luso está en modo "non stop" !!! O día das "Super B´s" en Versus quedou por presentar a vitrina Lusa !! Demasiadas emocións para unha soa tarde-noite. Aproveitamos o asunto para pedirlle a nosa "Loli Brown" unha "sucinta" presentación por escrito. Es ista foi a resposta (Hoxe 1/2). Smile
By the way... Hoxe e eiquí a presentación "On line" !!!!
Ladies & Gentlemen, con voçe nova "plumilla" Madriñenta... 
Loli Brown  dixit "Cheese" (1/2) ! : 
"Brasil, meu Brasil Brasileiro" Ary Barroso ...
  
1º andar da Vitrina: Viaxes

Unha representación do Comando Luso pisou Brasil por primeira vez en 2003 o Estado de Río Grande do Sul (capital Porto Alegre) onde a negritude está prácticamente ausente e a colonización europea: italiana, alemana e a vecindade con Arxentina e Uruguai converten o sur nun lugar inesperado para o visitante. O obxecto máis representativo é a cuia, recipiente para o chimarrão (mate) que congrega aos habitantes de Porto Alegre os domingos no maravilloso Parque da Redenção. As especialidades culinarias, dado que estamos en terra de Gauchos, son os Rodícios de carne, excelente, por certo. En Brasil a música máis exitosa e que máis dereitos de autor recauda é música sertaneja, o country do Brasil, normalmente formada por dúos. Un músico brasileiro, chamado Lulu Santos, fixo unhas declaracións contra a música sertaneja que foron extremadamente polémicas en Brasil. Afirmou que as escopetas de dous canóns foran inventadas para matar os dúos de música sertaneja…(tivo ameazas de morte)

O Comando Luso volveu a Brasil no 2004 esta vez a Salvador de Bahía. A revista Altaïr, sobre o Brasil Atlántico, que está na parte baixa da vitrina, serviulles de orientación no seu percorrido polo Pelouriño e pola Bahía de Todos os Santos, chamaron á porta da casa de Caetano Veloso e María Bethania en Santo Amaro, visitaron a Praia de Itapuã e a praza do poetiña, Vinicius de Morães e convertéronse en Musa e Frade da Congregación do poetiña entoando "A tonga da mironga do kabuletê. e a oração dos cachaçeiros, danzaron na Love Parede de Salvador de Bahía, ao ritmo dos tríos eléctricos, baixo o grito “Ninguém sem camisinha”. Daquela viaxe trouxemos un recordo, ese pequeno birimbau que lles transporta a aquelas improvisadas rodas de capoeira en prazas., praias, os maracatús,…O milagro de Candeal de Fernando Trueba de 2004, protagonizado por Carlinhos Brown, é a mostra dun proxecto musical, Timbalada, nun barrio de favelas de Bahía, chamado Candeal. O comando Luso recomenda ás famiglias, que non coñezan a película, que a vexan. Posteriormente saíu o libro co mesmo título, escrito por David Airob, Carlos Galilea y Guillermo Rodríguez.

Uns anos despois, como a flota portuguesa ao mando de Pedro Alvares Cabral que o “22 de abril de 1500, avistaba e tomaba posesión dun punto no actual estado de Bahía ao que denominaron Porto Seguro”, 500 anos despois ,o Comando Luso facían pé en Arraial de Ajuda, Porto Seguro, Trancoso, Caraíva, eso sí sen a ameaza dos caníbales Tupí, que agora usaban móvil.

O Comando Luso acaba a súa análise co Choro e a película documental Brasileiriño do director finlandés Mika Kaurismaki. Uma beleza!!!!!, unha xoia para os guitarreros que se pode ver de balde no youtube. Para as famiglias interesadas ahí vai o enlace:
.
.


2º andar da Vitrina: Literatura brasileira e música

A selección literaria tivo moito que ver coa música. Os tres poetas elixidos, o mineiro Carlos Drummond de Andrade, o bahiano Vinicius de Moraes e e a portuguesa Sophia de Melo, están relacionados cos textos dalgún dos músicos da selección. Falta quizais o pernambucano Joao Cabral de Melo Neto representante da poesía concreta, inspirador de músicos como Caetano Veloso ou Oswald de Andrade e o seu manifesto no que se basea o Tropicalismo.

Clarice Linspector é unha das figuras literarias favoritas do Comando Luso. A editorial Siruela ten un catálogo fantástico para os que non leen en portugués. premeiqui

Outro dos grandes autores da narrativa brasileira do século XX é o bahiano Jorge Amado. A obra más coñecida é a novela costumbrista Gabriela, Cravo y canela, que foi levada ao cine. O tema do filme está firmado por Vinicius de Moraes e interpretado por Gal Costa, pero a que máis lle gusta ao Comando Luso é o tema de Milton Nascimento, o grande músico mineiro titulada Cravo e Canela.

 


Fantástico (e "sucinto" ?) Capítulo 1/2 o da "Loli Brown"... !!! Obrigado !!!!
Mañán o capítulo 2/2 !!! 3º e 4º Andar !!!! Smile.
"Continuará"...

A Madriña Bless You All 
(Hoxe Specially ao Comando Luso, Loli Brown e ao "Chesse" da Serra da Estrela !!! Smile)


1 comentario:

TH (Les E) dijo...

Obrigado Miss Brown !!!! Agora "só" nos queda estudiar !!!
Canto mundo por coñecer !