lunes, 21 de diciembre de 2015

Documento # 6: "O día que case morremos por fidelidade a RM"


Mr. Wolf en "La Pecera" © 2010
Se hai un pilar importante dentro de A Madriña Asociados Ltd. é o mundo dos "Tributos" Musicais ( Non homenaxes). Nestes 20 anos tanto "enlatados" como "Alive" o gran número de items e eventos é xa a todas luces memorable. Dende "Vd ríe todas lloran" ata "Triqui Superstar", dende "Gurú Rodrigues" ata "Nicovers", dende "EBy+" ata "IO-fifty.es", "Parvo´s", "Peich", "Rochester", ou "Marianela"... (por nombrar algúns ) todos eles, dardos certeros ao lado máis sensible da nosa estructura molecular. 
Por outra banda e no directo, dende "Born 31 th Xullo", "Johnny B. Stoned", "Dancin with RM", "Rock & Rollin Home", "Its Hard to say..." ou "Peaxes", foron en su día grandes fitos dirixidos ao máis selecto das nosas bases. Nós non o esquecemos e por iso agradecemos a todos/as que confiaron entón e que confían aínda hoxe. Un milagre, sexa xoves ou non. Por elo,  obrigado de verdade ... Oiga !!! pero de verdade !!!

Ao gran...
Hoxe tócalle o tempo de reflexión a noso benquerido Mr. Wolf. Un escritor coa ialma de rockeiro e que sempre ten na súa obra unha chiscadela amable para a nosa señora e os seus profetas sónicos. A Madriña bendiga aos homes que distinguen a luz das tebras porque deles será o noso reino ( ou iso dise...)

Eiquí está o Documento # 5: "O día que case morremos por fidelidade a RM" by Mr. Wolf

Con ocasión do concerto dedicado ao meu libro Peaxes, os metódicos músicos de RM convidáronme amablemente a asistir a un dos seus ensaios, coa promesa de que me darían a alternativa artística e me permitirían cantar unha bonita e melódica canción.
Malia os avisos da chegada dunha cicloxénese (formerly known as ciclón) como nunca viramos unha, decidimos atravesar a ponte de Rande dende PO, para achegármonos ao local do ensaio en Vigo. Realicei esta viaxe molto pericolosa na compaña do valente –e inconsciente– Paco Ameneiros, guitarrista do grupo de Tex-Mex “Los mescales de San Antonio” e que tamén participou no concerto de Peaxesinterpretando “El bar Tijuana” (canción dun dos seus primeiros grupos “Los Cocorocos”).
A ausencia de vehículos na autoestrada xa indicaba que o ciclón ía en serio, pero os bandazos que demos cruzando a ponte acabaron de nos convencer que, sen dúbida, a morte nos esperaba máis aló do estreito.
Foi nese intre cando prememos o playdo radio-cd do noso Peugeot, e os acordes dunha canción de RM –o shock post-traumático evitou que puidese evocala posteriormente–, fixeron que me aferrase ao volante e respondese aos refachos de vento coa mesma violencia con que os membros de RM manipulaban os seus instrumentos, vocalista incluído.
O que máis nos marcou daquela experiencia foi que non vimos a luz despois do túnel da Madroa, entre outra cousas porque tomamos a saída anterior. Non obstante, sempre lembraremos a calorosa acollida dos membros de RM, que se decataron de que puxeramos as nosas vidas en risco para reunirnos no seu santuario e asistir a unha liturxia única no mundo.
Sempre lles estaremos agradecidos, eu especialmente, por todo o que argallaron naquela primavera e polo concerto de Peaxes, que me abriu as portas de tantas eurofans.

Sempre voso.

Mr. Wolf 

Abraiante lembranza. Peaxes, a "Re-presentación" e os seus ensaios ( liturxias únicas !!!). Certo. A recurrinte cicloxénese sempre que A Madriña volta á cidade. Non foi a primeira ni será a última. Seino. RM / RemolcaMadriña en libros, en xogos de mesa, en cancións, en poemas, en recordos, en festas, en badges, ... e din que non son un grupo musical ?. Pois como "o non-grupo" e "disculpa" para dar renda solta ás bases, non funciona mal do todo. "Non sería mala idea escoitalos por última vez" A Madriña  dixit

A Madriña Bless you all specially ao Howlin´ "Mr. Wolf" 

13 comentarios:

Tedhead ( Les E) dijo...

Gran Aullido o do Mr. Wolf aínda que "muito perigoso" polo inquedante da reflexión última da nosa señora sobre os RemolcaMadriña ..."Non sería mala idea escoitalos por última vez" A Madriña dixit
Dito dende o cariño e polo que a mín me toca "MecajonoMrWolf" !!! jajaja

nadir dijo...

Leyendo la narración de la travesía de Mr. Wolf recordé las maravillosas escenas de la travesía de la caravana en plena tormenta de "La legión invencible" (título españolizado muy a propósito como veremos). Si en Monument Valley el director de fotografía "retó" (pero no desobedeció) a su director, en Rande nuestros hombres nunca dudaron (en realidad la ausencia de coches en la A52 no les hizo dudar, si no creer que el PEAXE había subido) y su convicción se vio recompensada por A Madriña, quien los acogió bajo su protección sónica.
Un colectivo es tan bueno como sus integrantes, y, sin duda, en ese sentido somos una, otra, legión invencible.
salud

Anónimo dijo...

Temerarios! (dígoo por pagar a peaxe)

Mr. Wolf 3.0 dijo...

Desconto na A9 para Mr. Wolf xa!

A Madriña Asociados Ltd. dijo...

Teño escoitado que ao de pasar pola peaxe da A9 sen pagar, chámase "Facerse un Mr. Wolf".
Que hai de certo niso ?

No sé dijo...

Impresionante testimonio.

Do Barro dijo...

"El trenecito", ese clasico.

Yo-pa-go mis impuestos dijo...

Insidias! Puedo asegurarles que Wolf paga todo menos las copas!

Dal dijo...

¿Qué instrumento se manipulaba el cantante?

Genuine Mr. Wolf dijo...

Son Mr. Wolf e podo asegurarlles que non resolverei ningunha dúbida. Muchas gracias y buena suerte.

An°nim° dijo...

Estremecedor.

RAPHAEL dijo...

YO ENTIENDO QUE EL VOCALISTA ES UN INSTRUMENTO MAS DE LOS QUE MANIPULABAN LOS OTROS, ¿NO?

Dibildos dijo...

No sé, no sé. A pesar del cronista, el relato suena más a Rainman que a otra cosa. Menos Dean Moriarty que Dustin Hoffman, menos Sal Pardise que Tom Cruise. ¡Si por lo menos se tratase de Albert Finney y Audrey Hepburn! Pero esta quête parecería menos heróica. Más gota malaya que gota fría.